Conferencia Es un bo xefe? Coaching para a túa empresa
O 22 de xuño comenzan as Xornadas Internacionais de Coaching 2010, coa conferencia Es un bo xefe? Coaching para a túa empresa, que se celebrará ás 19.30 h. na ITE Caixa Galicia, situada na Rúa Nova, número 33, en Santiago de Compostela.
Con esta conferencia preténdese dar a coñecer o coaching e cómo este pode axudar na dirección de persoas. Es un bo xefe? Coaching para a túa empresa, conta coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo a través do programa Rede de Cooperación Local. Está organizada por AJE A Coruña, con QCoach como partner.
A ponencia será impartida por Joaquín Dosil Díaz e presentada por Daniel Álvarez Lamas, dous prestixiosos coaches do panorama nacional. Explicarán como o coaching pode axudar a ser unha/un xefa/e eficaz e valorada/o; sacar o máximo partido ás/aos colaboradoras/es, afrontar os problemas que xurden a diario.