• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xornada técnica sobre Eficiencia enerxética

A xornada técnica Eficiencia enerxética. A aposta europea pola eficiencia enerxética, a competitividade e o emprego,celebrarase o 17 de xuño no Centro Social de Caixanova, localizado na Praza de Cervantes, número 17, en Santiago de Compostela.

o encontro está dirixido a profesionais, persoal técnico, estudantes, empresas e entidades públicas interesadas nas novas políticas e na xestión e normativa sobre eficiencia enerxética. Nesta xornada abordarase a necesidade de superar o modelo enerxético actual, o impacto ambiental das medidas previstas no contexto europeo, as oportunidades empresariais que conlevan (está considerado un novo xacemento de emprego) e o marco legal no que se aplicarán. O seu obxectivo é que as persoas participantes coñezan as axudas que existen neste proceso de transformación e a súa influencia na xeración de emprego e na formación en técnicas de eficiencia enerxética.

As persoas interesadas poden inscribirse, ata o 17 de xuño ás 14.00 h., no formulario habilitado na páxina web da Concellaría dirixida polo nacionalista Xosé Manuel Iglesias, www.maiscompostela.org; (Inscrición Xornada técnica de eficiencia enerxética) ou envíando o nome, apelidos e teléfono ao fax 981 543 193, ou ao correo electrónico servizolocaldeemprego@santiagodecompostela.org. A asistencia é de balde. Como o aforo do Centro Social Caixanova é limitado, terán preferencia as persoas que primeiro formalizaran a inscrición por calquera dos medios antes descritos.

A xornada, enmarcada no Pacto Local polo emprego de Santiago de Compostela, está organizada pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego e cofinanciada polo Fondo Social Europeo. Conta coa colaboración do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), a EQA (European Quality Assurance) e a Faepac (Fundación Axencia Enerxética Provincial de A Coruña).  
Data inicio
Data fin