• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Macc. Mercado Atlántico de Creación Contemporánea: 10, 11 e 12 de setembro

Macc é un mercado de ideas, un encontro profesional multidisciplinar que ten como obxectivo a difusión e o intercambio de ideas entre creadores, artistas, produtores, xestores da cultura, empresas e institucións. Celebrarase en Santiago de Compostela entre o 10 e o 12 de setembro.
As persoas interesadas en dar a coñecer a súa proposta creativa teñen que envíar unha idea (máximo 2 páxinas con título, resumo e exposición) e un breve curriculum (1 páxina con datos persoais e traxectoria profesional) ao correo electrónico info@maccatlantic.org, antes do 30 de xuño.   

Macc é un espazo de intercambio no que se difunden ideas e procesos de traballo que apostan polo risco e o atrevemento. Un espazo no que profesionais interesados/as no ámbito da economía social traballan na construción dunha relación saludable e frutífera entre a creación artística, a economía e a empresa.

Macc é unha iniciativa da Asociación Cultural Atlantic Comnection, unha plataforma en rede que reúne a un grupo de empresas e profesionais con dilatada experiencia na produción e xestión de cultura en territorios tan diferentes como Canarias, Galicia, Cataluña, Madrid, Alemaña ou Brasil. Coa iniciativa colaboran a Concellaría de Promoción Económica e Turismo de Santiago de Compostela, o Goberno de Canarias, a través do Programa Septenio; o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea); S.A. de Xestión do Plan Xacobeo; AGADIC(Axencia Galega de Industrias Culturales); e o Consello da Cultura Galega.

A primeira edición do Macc celebrouse no Auditorio de Tenerife os días 23, 24 e 25 de abril de 2009 e contou cun total de 427 profesionais acreditados.  

Data inicio
Data fin