• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Sabe o que a Europa Social pode facer por vostede? Campaña informativa: 30 de xuño e 1 de xullo

A Comisión Europea lanzou a campaña Sabe o que a Europa Social pode facer por vostede?,que se celebrará o 30 de xuño e o 1 de xullo na Alameda de Santiago de Compostela, para explicar de que forma a cidadanía se beneficia das políticas europeas de emprego, asuntos sociais e igualdade de oportunidades.

En Galicia, a Xunta de Galicia, en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica (a través do programa Rede de Cooperación Local), a Fundación Galicia Europa, e entidades empresariais, organismos e centros de información europea organizarán, no marco desta campaña, un evento de dous días, no que as entidades participantes poderán mostrar ao público as súas actividades e proxectos no ámbito social. Contará con seminarios, coloquios, debates, maxia, arte, música e información. Ao mesmo tempo, organizaranse diversas conferencias, obradoiros e debates ao redor de catro eixos temáticos:

  • inserción laboral de persoas con discapacidade
  • fomento do espírito emprendedor
  • mobilidade laboral transfronteiriza
  • inclusión social

Entidades participantes

Comisión Europea (DG EMPL + contractor TW)
Xunta de Galicia
- Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE
- Consellería de Traballo e Benestar
- Secretaría Xeral dá Igualdade
- IGAPE (Consellería de Economía e Industria)
- Xacobeo 2010
Enterprise Europe Network
- Confederación de Empresarios de Galicia
EURES
- Eures Galicia-Norte Portugal
EuropeDirect
- Deputación A Coruña
- Santiago (Centro europeo de información rural)
Fundación Galicia Europa
Concellaría de Promoción Económica do Concello de Santiago de Compostela
Entidades de iniciativa social (caseta rotatoria)

Data inicio
Data fin