Asamblea de REDEL: 9 e 10 de setembro
A esta asamblea está previsto que asistan representantes das entidades integrantes de REDEL: Concellaría de Promoción Económica de Santiago de Compostela, Deputación de Barcelona, Madrid Emprende, Barcelona Activa, IMFOF-Mallorca, Getafe Iniciativas, Agencia Local de Promoción Económica y Empleo de Gijón, IMEFEZ-Zaragoza, e Garapen.
A Rede de Entidades para o Desenvolvemento local é unha entidade supramunicipal que se constituíu o 1 de marzo do 2007, tras un período de reflexión no que se debateu a filosofía e obxectivos da organización.
Os obxectivos de REDEL son reflexionar sobre aspectos clave no desenvolvemento local como políticas económicas e industriais, competitividade, innovación, coñecemento, políticas activas de emprego, inserción laboral, etc., para construír un modelo desde unha identidade común. Esta rede tamén se configura como un instrumento para actuar conxuntamente ante entidades públicas e privadas coa finalidade de impulsar o desenvolvemento local e comarcal; deseñar, desenvolver e executar proxectos; e intercambiar experiencias e coñecementos para innovar e incrementar a eficacia das entidades locais.
Data inicio
Data fin
Enlaces