• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Startup Weekend Galicia

Startup Weekend Galicia celebrarase do 4 ao 6 de xuño na ITE de Caixa Galicia, en Santiago de Compostela. Se está interesado/a en asistir pode INSCRIBIRSE AQUI

Startup Weekend Galicia basease no networking e o traballo en equipo, e que reune a xente con talentos diversos para seleccionar unha idea, desenvolver un produto e lanzar unha empresa desde cero.

Fundado en 2007 por Andrew Hyde, o Startup Weekend baséase no concepto dunha conferencia enfocada a aprender creando. Destaca pola toma rápida de decisións, pensamento innovador e unha técnica única para facilitar e permitir aos fundadores mostrar o que eles saben e poden facer. O programa desenvólvese con éxito actualmente en Toronto, Nova York, Hamburgo, Houston, West Lafayette, DC e en máis de 100 cidades máis ao longo do mundo. Agora chega a España, comezando por Madrid e continuando en Galicia.

Os/as participantes do Startup Weekend deciden o que queren abordar durante o fin de semana e desta forma chegan ao final con varias empresas ou proxectos desenvolvidos. Son os/as responsables de achegar toda a súa enerxía e paixón ao proxecto e saír cos deberes feitos en tan só 48 horas.   

Data inicio
Data fin