• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Seminario Internacional Proxecto Coidadores Familiares: 16 e 17 de setembro

Celebraráse o 16 e 17 de setembro en Santiago de Compostela. Participarán as entidades socias do proxecto europeo Coidadores Familiares, pertencente ao programa Leonardo Da Vinci: Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo de Santiago de Compostela, Caring of Carers de Irlanda, INTEGRA PLUS de Bélxica, ADMR de Francia, Academia de Formación de Eslovaquia, o Instituto para o Desenvolvemento e a Formación da illa francesa de Córcega, e a Escola de Formación de Italia.

O Proxecto Coidadores Familiares ten como obxectivo establecer un protocolo común a nivel comunitario que acredite profesionalmente aos/ás coidadores/as familiares que, de xeito informal, estiveron coidando a outra persoa. Unha acreditación profesional común a toda a Unión Europea facilitará a incorporación ao mercado laboral dun colectivo con expectativas de inserción difícil, no que a maioría de integrantes son mulleres, moitas delas maiores. Ademais, esta acreditación axudará a cubrir a demanda que existe nun sector en plena expansión como é a axuda a domicilio ou os servizos ás persoas, con candidatas/os axeitadas/os que contan con experiencia. 

Data inicio
Data fin