• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

25 a 27 de maio: IMEX Frankfurt

O Santiago de Compostela Convention Bureau, servizo de Turismo de Santiago para a promoción da cidade como destino para a celebración de Congresos, Reunións e Incentivos, está presente no IMEX Frankfurt, que se celebra do 25 ao 27 de maio.

O IMEX Frankfurt é unha das feiras máis importantes do mundo neste tipo de turismo, polo que a presenza do SCCB neste evento, no que xa estivo nos pasados anos, é continuar consolidando o posicionamento da cidade como un destino atrativo, de calidade e internacional para as empresas e entidade organizadoras de Congresos. 

O SCCB acude ao evento cunha serie de reunións xa confirmadas con múltiples empresas e entidades que queren coñecer de primeira man a oferta de Compostela, entre as que hai empresas españolas, brasileiras, estadounidenses, italianas e, incluso, unha empresa da India. Ademais, a propia dinámica da feira, propiciará múltiples reunións con touroperadores, organizadores de congresos, institucións, etc. 

O IMEX de Frankfurt é un evento de dimensión mundial, como amosan os principais datos da edición do 2009, na que houbo 3.500 expositores de 157 países, que representaban a oficinas de turismo estatais e rexionais, cadeas hoteleiras, aeroliñas, provedores de servizos, touroperadores, axencias de viaxes, etc. En total, acudiron máis de 9.000 visitantes profesionais, procedentes de 60 mercados internacionais. 

Data inicio
Data fin