Conferencia: Mulleres na ruta do coñecemento e a innovación
Aberta ao público e con entrada gratuíta, será impartida por Ángeles Salle.
Xoves, 6 de maio. 18.00 h.Fundación Caixa Galicia. Rúa do Vilar, número 19.
As razóns para incorporar máis mulleres ás carreiras científicas e tecnolóxicas, inclúen cuestións económicas, de estabilidade no emprego, de oportunidade xeracional, de equidade, de satisfacción persoal e intelectual, de utilización do talento, etc. pero, a razón fundamental é que a ciencia e a tecnoloxía perden outras perspectivas, outros puntos de vista sobre a natureza e o mundo cando as mulleres son excluídas.
Mulleres na ruta do coñecemento e a innovación está enmarcada no Plan de Acción Local do Proxecto WEED. Será impartida por Ángeles Salle. Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, Ángeles Salle posúe unha dilatada experiencia traballando para diversas institucións públicas e privadas; e en iniciativas relacionadas co emprego, o desenvolvemento socioeconómico e a igualdade.
Contido
Por que é importante incorporar mulleres en ámbitos científicos? Por que fracasan tantas políticas e prácticas deseñadas para romper a segregación no emprego e explotación do coñecemento? Como promover máis igualdade de xénero na ciencia e na tecnoloxía? Como mobilizar as mulleres en beneficio da investigación?.As razóns para incorporar máis mulleres ás carreiras científicas e tecnolóxicas, inclúen cuestións económicas, de estabilidade no emprego, de oportunidade xeracional, de equidade, de satisfacción persoal e intelectual, de utilización do talento, etc. pero, a razón fundamental é que a ciencia e a tecnoloxía perden outras perspectivas, outros puntos de vista sobre a natureza e o mundo cando as mulleres son excluídas.
Data inicio
Data fin