• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xornada interdisciplinar de Atención Temperá

260 persoas participaron neste encontro, dirixido a estudantado e profesionais relacionados coa psicoloxía, psicopedagoxía, logopedia, educación infantil e atención temperá.
Os obxectivos desta xornada eran analizar os transtornos emerxentes relacionados coa alteración do vínculo familiar (vínculos entre pais/nais e fillos/as), e actualizar o traballo que se está facendo a nivel do Estado Español. Trátase dunha nova realidade social que se manifesta, sobre todo, en problemas de aprendizaxe e conduta que afectan ao desenvolvemento de menores. O Proxecto Persoa IV, a través da especialidade de Atención temperá e estimulación precoz está preparando profesionais e experimentado novas metodoloxías e actuacións para, por unha banda dar resposta a esta nova demanda do mercado laboral, vinculada ao sector dos servizos ás persoas;  e por outro lado, favorecer a inserción no mercado de traballo das persoas que participan neste programa.  Organizada pola Concellaría de Promoción Economica, e a Asociación Galega de Atención Temperá, e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, conta coa colaboración da EGAP e da Concellaría de Educación do Concello.  

A apertura das xornadas tivo lugar ás nove e media da mañá, a cargo de Xabier Ferreiro, responsable da Área de Emprego da Concellaría de Promoción Económica, e do presidente da Asociación Galega de Atención Temperá (Agat), Jaime Ponte  Mittelbrunn. A continuación, tivo lugar a ponencia A normalidade e a diversidade dentro da escola infantil. Marco conceptual, impartida por Sonsoles Perpiñán, Licenciada en Psicoloxía e Especialista en Psicoloxía pedagóxica e Atención temperá. Despois dun descanso, desenvolverase o obradoiro Signos de alerta por etapas. Busca de solucións. Pasos a seguir e a continuación o Programa de seguimento do desenvolvemento nas escolas infantís. Proxecto Persoa. Pola tarde, o psicólogo Juan Carlos Belda Oriola, membro da Xunta directiva da Federación de Asociacións de Atención Temperá de España, impartiu  ponencia Proceso do vínculo. Teoría do vínculo afectivo. Antes da clausura, prevista para as sete e media da tarde, desenvolveuse o obradoiro Escala de maternaxe: un instrumento para a evolución do vínculo.

Data inicio
Data fin