• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Homenaxe ao comercio de Compostela 2010

O 28 de abril terá lugar, no Salón Vermello do Concello de Santiago, ás once da mañá, unha recepción aos comercios homenaxeados en 2010 e ao gañador anual do VI Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping.

Homenaxe ao comercio de Compostela 2010 ten como obxectivo recoñecer a labor dos comercios homenaxeados, a súa traxectoria ao servizo da clientela, e a achega realizada ao sector comercial, un dos motores da economía compostelá. Forma parte do programa de promoción, dinamización e innovación comercial Esta primavera, máiscomercio. Merca en Compostela, a túa capital de compras, organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio.
Data inicio
Data fin