• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Oficina de Promoción Económica lanza un ciclo formativo online centrado nas necesidades da economía COVID dirixido á hostalería, comercio e empresas culturais

Data de escritura

  O programa, que forma parte do Plan de Reactivación Económica e Social PRESS do Concello de Santiago, foi presentado esta mañá polo alcalde, polas técnicas de proxectos da empresa Implictum, Raquel Piñeiro e Tania Aira, encargadas do seu desenvolvemento, e pola técnica do departamento de Promoción Económica, Carme Casado.

A Oficina de Promoción Económica oferta un ciclo de actividades de formación online para a mellora empresarial e a dinamización da actividade económica de setembro a decembro de 2021. O programa componse dun ciclo de accións formativas en diferentes sectores, sesións de titorización individual, acceso a recursos formativos adicionais para cada ciclo e un boletín de alertas sobre oportunidades e tendencias no mercado.

Estas accións dirixidas a empresas e profesionais dos distintos sectores económicos que buscan adquirir novos coñecementos e realizar plans de mellora para os seus negocios abordan temáticas que a crise económica derivada da crise sanitaria da COVID19 puxo de actualidade como a eficacia no teletraballo ou a organización de eventos en pandemia.

"Temos que pasar da mera supervivencia á completa adaptación" ás circunstancias impostas pola pandemia, indicou o alcalde, que refrendou o compromiso do Concello co tecido produtivo.

As actividades programadas son as seguintes:

• Retos do Comercio Local, cunha duración de 20 horas, impartirase os mércores de 16:00 a 20:00h do 22/09 ao 20/10
• Economía Circular, cunha duración de 20 horas, impartirase os xoves de 16:00 a 20:00h do 14/10 ao 11/11
• Eventos en pandemia, cunha duración de 8 horas, impartirase os martes de 16:00 a 20:00h do 16/11 ao 23/11
• Produtos e servizos culturais, cunha duración de 15 horas. impartirase os xoves de 17:00 a 20:00h do 11/11 ao 9/12
• Teletraballo eficaz, cunha duración de 12 horas, impartirase os xoves de 16:00 a 20:00h do 18/11 ao 25/11.

Ademáis das sesións grupais, cada acción formativa inclúe 3 horas de titorización individual e o acceso a unha plataforanma con recursos formativos adicionais. A metodoloxía da formación virtual basearase nas ferramentas derivadas do Coaching, NLP, LEGO Serious Play, Sikkhona método LEAN, Desing Thinking ou Psicoloxía Positiva que buscan a participación de toda a organización para involucrar de xeito proactivo ás persoas participantes xerando medidas máis efectivas e sinxelas de aplicar na empresa.

As empresas interesadas poden inscribirse, consultar o programa completo de cada acción formativa e coñecer máis sobre estas accións neste enlace.

Esta iniciativa, que conta con un orzamento de 17.000 €, forma parte do programa municipal Compostela Móvese 2021 aprobado en Xunta de Goberno de 14 de xuño de 2021 como parte do Plan de Reactivación Económica e Social PRESS do Concello de Santiago. O principal obxectivo do programa é apoiar un modelo de desenvolvemento económico local endóxeno cooperativo e asentado na identidade e na historia do territorio. Para isto, búscase asentar os procesos de mellora empresarial e emprendemento nos valores diferenciais do tecido socioeconómico do concello.

Documentos relacionados