• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Uninova aproba a designación dos novos conselleiros

Data de escritura

A Sociedade para a promoción de iniciativas empresariais innovadoras SL, UNINOVA, acordou hoxe a designación de novos conselleiros e a composición do novo Consello de Administración.

Unha vez aprobado o acordo na Xunta de Goberno Local, o Consello de Administración de UNINOVA designou como novos membros aos concelleiros Mercedes Rosón Ferreiro e Gumersindo Guinarte Cabada; ao director da Asesoría Xurídica municipal, Manuel Cutrín Domínguez; e á funcionaria economista adscrita á Área de promoción económica Carme Casado Casado, que foi tamén nomeada conselleira delegada.

O Consello de Administración de UNINOVA está composto
por 12 membros. Tendo en conta a participación de capital, logo da última adquisición de accións, ao Concello de Santiago de Compostela correspóndelle a designación de 10 deses 12 conselleiros, e á Universidade de Santiago de Compostela os 2 restantes.

Polos acordos da Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela na sesión extraordinaria-urxente do día 1 de xullo de 2019 e do Pleno da Corporación na sesión extraordinaria do 28 de xuño 2019 acordouse que terían a condición de conselleiros o alcalde e cada un dos voceiros dos grupos políticos da oposición constituídos no Pleno municipal, é dicir un polo Partido Popular, un por Compostela Aberta e un polo Bloque Nacionalista Galego.

Actualmente integran o Consello de Administración de Uninova: o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o reitor da USC, Antonio López; os concelleiros Mercedes Rosón Ferreiro, Sindo Guinarte, José Antonio Constenla, Marta Lois, Goretti Sanmartín; os mencionados funcionarios Manuel Cutrín e Carme Casado; Xavier Ferreira (USC); Norberto Penedo Rey (IGAPE); e Ramón Lois Lorenzo (Asociación de Empresarios do Tambre). Actúa como secretario sen ser membro, Carlos Gómez Otero.

UNINOVA
Uninova (Sociedade para a promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.), impulsada polo Concello de Santiago de Compostela e a USC, ofrece asesoramento, aceleración e soporte á creación de iniciativas empresariais fortemente innovadoras. Xestiona ademais o Edificio Emprendia, con máis de 3.000 m2 de espazos de incubación dispoñibles para empresas altamente innovadoras e un ecosistema completo de apoio ao emprendemento.