• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Pleno declara de interese xeral municipal o Centro de servizos innovadores para empresas biotecnolóxicas da Sionlla

Data de escritura

Na sesión ordinaria de maio, o Pleno do Concello aprobou por unanimidade a declaración de interese xeral municipal do proxecto do Centro de servizos innovadores para empresas biotecnolóxicas (CSIEB) promovido por Sionlla Biotech, sociedade limitada integrada por Uninova, a Cámara de Comercio e a Asociación de Empresarios do Tambre.

O proxecto empresarial Sionlla Biotech, sociedad limitada da que forman parte a Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L. (UNINOVA SL) , a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela e a Asociación Área Empresarial do Tambre, cunha participación respectiva do 14, 10 e 76%, foi constituída para a realización do Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas (Polo de Innovación en Biotecnoloxía-CSIEB), no marco da convocatoria da Xunta de Galicia de axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa de centros de fabricación avanzada), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao abeiro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Este centro suporá a construción dunha infraestrutura de 2.500 metros cadrados, localizada no parque empresarial de A Sionlla en Santiago, con instalacións dotadas con todos os requirimentos técnicos necesarios e o equipamento máis avanzado para prover de servizos a empresas biotecnolóxicas e institucións que queiran facer usos dos mesmos en réxime de autoservizo.

O Concello declara este proxecto de interese público dado o potencial de crecemento deste sector económico, o seu grao de implantación no tecido productivo e investigador da cidade e o impacto potencial que sobre a creación de emprego estable e de calidade tería o desenvolvemento deste sector no Concello de Santiago.