En marcha una nova edición de EYE GLOBAL para apoiar estancias no exterior de persoas emprendedoras xestionada por UNINOVA
O programa europeo de mobilidade de emprendedores EYE GLOBAL (enmarcado dentro do Erasmus For Young Entrepreneurs) é unha iniciativa da Unión Europea na que UNINOVA, incubadora de empresas do Concello de Santiago de Compostela e da USC, vén participando como Organismo Intermediario desde o ano 2010.
Este programa permite que persoas emprendedoras que aínda non crearon a súa empresa pero contan xa cun plan de empresa, así como aquelas que xa a crearon pero aínda teñen menos de tres anos de experiencia xestionándoa, poidan realizar unha estadía formativa de entre 1 e 3 meses de duración con empresariado experimentado en varios países de fóra do espazo Schengen.
Desde abril de 2021 e ata marzo de 2024 vai ser posible a realización de intercambios en pequenas ou medianas empresas en Estados Unidos (unicamente estados de Nova York e California), Canadá (unicamente rexións British Columbia, Ontario e Quebec), Israel, Singapur, Corea do Sur e Taiwán.
As persoas emprendedoras participantes recibirán apoio económico por parte da Unión Europea, un importe fixo por mes de intercambio que varía segundo o país de destino dende os 1.000 EUR para intercambios en Estados Unidos e Singapur, os 900€ para Canadá, Israel ou Corea do Sur e os 700€ para Taiwán. Ademáis recibirá unha axuda para os gastos da viaxe de 800€ si se viaxa a Estados Unidos, Canadá, Singapur, Taiwán ou Corea do Sur ou 600€ para viaxes a Israel.
O programa ofrece ás persoas emprendedoras participantes a oportunidade de mellorar a súa experiencia emprendedora, acceso a unha rede de contactos internacionais, mellora do coñecemento sobre mercados internacionais, o desenvolvemento de novas oportunidades de negocio e a posibilidade de encontrar posibles socios estratéxicos ao tempo que mellora o coñecemento de linguas estranxeiras.
Durante todo o proceso as empresas e persoas participantes contan con asistencia e apoio por parte do Organismo Intermedio (UNINOVA).
Para poder participar, o débese cubrir un formulario de inscrición expoñendo as motivacións e expectativas e subir un plan de negocio así como o curriculum na páxina web do Programa http://www.erasmus-entrepreneurs.eu/, no apartado "APPLY NOW". Ao final do formulario hai que escoller unha organización intermediaria, nesta selección é onde aparece UNINOVA como organización intermediaria (IO) coa seguinte denominación IO224 - UNINOVA - SOCIEDADE PARA A PROMOCIÓN DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, S.L.
Esta iniciativa forma parte das accións da Oficina de Promoción Económica no marco do programa municipal Compostela Móvese. UNINOVA incubadora de Empresas do Concello de Santiago de Compostela e da USC ofrece asesoramento, aceleración e soporte á creación de iniciativas empresariais fortemente innovadoras. Xestiona ademáis o Edificio Emprendia, con máis de 3.000 m2 de espazos de incubación dispoñibles para empresas altamente innovadoras e un ecosistema completo de apoio ao emprendemento.