• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Resolución das axudas ao comercio, á hostalería e ao sector cultural

Data de escritura

Hoxe, día 22 de decembro, publícase a resolución da Alcaldía pola que se require a subsanacións de deficiencias e achega de documentación das solicitudes presentadas nas convocatorias de axudas para o rescate da hostelería e restauración, comercio e sector cultural afectado pola covid-19, anualidade 2020. O prazo remata o día 30 de decembro

As persoas cuxas solicitudes adolezan dalgunha deficiencia deberán subsanalas no prazo de cinco días hábiles, a contar desde mañá día 23.

 

Así mesmo, as persoas relacionadas na resolución, deberán achegar no mesmo prazo improrrogable de cinco días hábiles a seguinte documentación, exclusivamente por medios electrónicos (se a presentación se realiza no rexistro electrónico do concello, os interesados deberán seleccionar o trámite "Xustificación de subvencións concedidas polo concello"):

 

- Modelo anexo III da convocatoria, dispoñible na web municipal santiagodecompostela.gal e mais en coidarparamellorar.santiagodecompostela.gal e cersiaempresa.gal(tamén ao pé desta información).

 

- Alta no réxime de autónomos das persoas promotoras. As persoas xurídicas nas que os socios e/ou administradores non estean obrigados a estar dados de alta en ningún réxime da seguridade social deberán achegar declaración responsable específica desta circunstancia.

 

- Escritura de constitución da sociedade mercantil, se é o caso.

 

- Certificado da situación censual emitido pola Axencia Tributaria do Estado.

 

- NIF da persoa física ou xurídica. Se se trata dunha persoa xurídica achegarase tamén o documento de identidade da persoa que posúe a representación da sociedade e o documento que acredite esta representación.

 

- Declaracións do IVE trimestral (modelos 303) dos tres primeiros trimestres de 2019 e 2020 ou declaracións trimestrais do IRPF (modelos 130 ou 131 segundo corresponda) dos tres primeiros trimestres de 2019 e 2020. As persoas que tributen en réxime de estimación obxectiva deberán acompañar así mesmo, xunto co modelo 131 de IRPF indicado, declaración responsable do volumen de facturación real, non estimada, correspondente aos tres primeiros trimestres das anualidades 2019 e 2020.

 

- Facturas que acrediten a realización dos gastos ou documento probatorio que corresponda no caso de gasto corrente distinto de prestación de servizos por un terceiro. Non se admitirán facturas simplificadas, proforma ou orzamentos.

 

- Comprobantes de pagamento mediante transferencia bancaria e/ou domiciliación do gasto en conta corrente.

 

Este trámite de achega de documentación forma parte da instrución do procedemento e non supón o recoñecemento de ningún tipo de dereito para a persoa solicitante. Este terá lugar unicamente mediante acordo do órgano competente para a resolución deste procedemento.

 

No caso concreto das axudas dirixidas a comercio, non se publica listaxe de solicitudes a subsanar porque o número de solicitudes recibidas correctas, é dicir, que non precisan de ningunha emenda, esgotan o crédito dispoñible. Elo sen prexuízo da adopción no seu momento do acordo que resolva a convocatoria con todas as solicitudes presentadas.

 

O prazo para atender ambos requirimentos remata, polo tanto, o próximo día 30 de decembro.

Documentos relacionados

Resolución da Alcaldía requirimento subsanacións solicitudes e achega documentación axudas rescate hostelería, comercio e cultura covid 19

Anexo III - Modelo de cotexo documental de declaración responsable.pdf