• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

As Cidades Patrimonio da Humanidade queixánse de asfixia por falla de ingresos

Data de escritura

As cidades Patrimonio da Humanidade son a envexa dos destinos turísticos. Preferentemente reciben persoas tranquilas, respectuosas e que gastan por encima da media, xa que xantan nos mellores restaurantes e alóxanse en distinguidos hoteis ou casaróns con séculos de antigüidade.

Pero estes núcleos urbanos necesitan axudas do Estado ou da Unión Europea, que lles permitan paliar o descenso de tributos que se produce pola exención dos impostos -imposto de bens inmobles(IBI) e o imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICO), fundamentalmente- aos propietarios de inmobles protexidos, xa que os centros históricos téñenos bonificados. O IBI é o principal ingreso de calquera municipio.