O aluguer turístico copa un terzo das casas do centro de Lisboa
Data de escritura
O 34% das vivendas dos barrios históricos do centro de Lisboa están dedicadas ao arrendamento turístico, fenómeno que foi considerado como un dos principais responsables da acelerada subida dos prezos de aluguer que experimenta a capital portuguesa.
Os barrios máis afectados son Alfama, Mouraria, Castelo, Baixa ou Chiado, unidos administrativamente na Xunta de Freguesía de Santa Maria Maior e protagonistas absolutos das guías de viaxes, pois aí concéntranse os principais atractivos históricos e símbolos da cidade, como o Castelo de San Jorge ou as casas de fado.
Enlaces