• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Resolta a convocatoria de axudas destinadas a apoiar a empresas de economía social con 27 entidades beneficiarias

Data de escritura

Un total de 27 entidades resultaron beneficiarias das axudas destinadas a apoiar a empresas de economía social, unha convocatoria que vén de ser resolta pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais e á que se destinou un orzamento de 120.000 euros. Estas subvencións queren contribuir á consolidación do tecido empresarial do noso municipio, poñendo o foco no importante ecosistema da economía social co que conta Santiago.

 

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, lembrou que “en Compostela vimos facendo unha aposta clara por políticas municipais que fomenten a economía social

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, lembrou que “en Compostela vimos facendo unha aposta clara por políticas municipais que fomenten a economía social, atendendo ás recomendacións da Axenda Urbana 2030, e desde o convencemento de que debemos afianzar un modelo que promove valores de cooperación, solidariedade e inclusión social e que, ao tempo que xera empregos e riqueza, contribúe a mellorar a calidade de vida da xente”.

Entidades beneficiarias

Nesta convocatoria van recibir subvención as 27 entidades de economía social que solicitaron a axuda municipal, cinco máis que en 2023. Tamén medra o orzamento total das axudas concedidas, que se achega aos 120.000 euros, 10.000 euros máis que na anterior convocatoria. Cada unha das entidades beneficiarias recibirán subvencións que oscilan entre os 3.600 e os 5.000 euros.

As entidades beneficiarias das axudas son as seguintes:

  • Strelia Electrotecnia, Sociedade Cooperativa Galega
  • Entrelampo
  • Aspas Emprego
  • Arabias, Sociedade Cooperativa Galega
  • Maos Innovación Social, Sociedade Cooperativa Galega
  • Illa Bufarda, Sociedade Cooperativa Galega
  • Urdime, Sociedade Cooperativa Galega
  • Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais, Sociedade Cooperativa
  • Flying Fun, Sociedade Cooperativa Galega
  • Nelines, Sociedade Cooperativa Galega
  • 7H, Sociedade Cooperativa Galega
  • Comunidade Creativas, Sociedade Cooperativa Galega
  • Feitoría Verde, Sociedade Cooperativa Galega
  • Salgueiriños de Consumo, Sociedade Cooperativa Galega
  • Rostros, Sociedade Cooperativa Galega
  • Abeluria, Sociedade Cooperativa Galega
  • Asitecno, Sociedade Cooperativa Galega
  • Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela, Sociedade Cooperativa Galega
  • Culturactiva, Sociedade Cooperativa Galega
  • Artefeito Producións, Sociedade Cooperativa Galega
  • Compostela Inserta, empresa de inserción laboral
  • Numax, Sociedade Cooperativa Galega
  • Miraxe, Sociedade Cooperativa Galega
  • Obregón y Arias, Sociedade Cooperativa Galega
  • Sacauntos, Sociedade Cooperativa Galega
  • Rayados, Sociedade Cooperativa Galega
  • Cestola, Sociedade Cooperativa Galega