• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Está en perigo o traballo da clase media?

Data de escritura

Podemos así concluír que o mercado de traballo experimentou un cambio espectacular co devir tecnolóxico. En España, así como na maioría dos países da nosa contorna, atopouse evidencia de que moitos postos de traballo, aqueles máis rutineiros, foron substituídos, polo menos parcialmente, por “máquinas”, mentres que outros están a ser cada vez máis demandados.

Entre os últimos atópanse tanto empregos pouco cualificados, aínda que ligados á atención personalizada (o que lles fai dificilmente sustituibles por máquinas), como empregos que requiren o uso de capacidades cognitivas (que esixen unha alta cualificación). É o chamado proceso de polarización do emprego.