SUBVENCIONS DESTINADAS A APOIAR AS EMPRESAS DE ECONOMIA SOCIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Concello de Santiago de Compostela
Acordo de data 26/08/2024 da Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela polo que se aproban as bases reguladoras da CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A APOIAR ÁS EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Establécense as bases reguladoras das “Axudas a empresas de Economía Social” para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á consolidación e o mantemento de empresas con forma xurídica de cooperativa, sociedade laboral, centro especial de emprego ou empresa de inserción definida como tal segundo o establecido na Lei de Economía Social de Galicia.
A finalidade destas axudas é contribuír á consolidación e desenvolvemento do tecido empresarial no Concello apoiando a empresas de economía social mediante axudas ao gasto corrente no que incorren para desenvolver a súa actividade empresaria.
A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:
1. Alta no réxime de Seguridade Social ou Mutua profesional, elixido dos socios das persoas solicitantes.
2. Certificado de situación censual actual da AEAT. Deberá constar epígrafe da actividade, data de alta, e domicilio da actividade.
3. Escritura de constitución e/ou posteriores modificacións, da sociedade ou cooperativa, ou sociedade laboral, no seu caso.
4. NIF/CIF da empresa.
5. DNI da persoa que ostente a representación da sociedade e documento que acredite dita representación.
6. Orixinal ou fotocopia compulsada do poder suficiente outorgado para a tramitación desta axuda a un terceiro por representante da empresa, así como DNI da persoa á que se lle outorga representación no caso de ter delegada a un terceiro alleo á empresa a tramitación da solicitude de axuda.
7. Declaración de todas as axudas solicitadas ou concedidas, durante o tres anos anteriores, polas administracións públicas competentes ou entes públicos, nacionais ou internacionais ou, de ser o caso, unha declaración de que non se solicitou nin obtivo outras axudas ou subvencións (Anexo I) .
8. Unha Memoria que conteña toda a información relativa á actividade económica da empresa, útil para a súa valoración de acordo con o baremo establecido, e que recolla a seguinte información:
Ø Breve historia da empresa.
Ø Actividade da empresa: Epígrafes IAE, produtos ou servizos para a venda.
Ø Tipo de empresa de economía social (sociedade laboral, centro especial de emprego, ou clase de cooperativa).
Ø Tamaño da empresa: En función da definición de microempresa, pequena e mediana empresa da UE, deberase indicar o tamaño da empresa (persoal, facturación, balance)
Ø Persoas que conforman a empresa: socias traballadoras, de clase xeral, asalariadas, así como a estrutura e organigrama da empresa. Especial mención ao emprego feminino.
Ø Uso do idioma galego na actividade da empresa.
Ø Outras informacións de interese, como o uso de TIC, actividades de internacionalización da empresa, etc.
Ø Orzamento de gastos subvencionables. A extensión da memoria será de sete páxinas como máximo.
9. Calquera outra documentación que se estime necesaria para a baremación do expediente.
OUTRA INFORMACIÓN:
Consulte as bases completas da convocatoria na web da Base de Datos Nacional de Subvenciones:
https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias).
Anexos dispoñibles na páxina web do CERSIA Empresa www. cersiaempresa. gal :
Poderán resultar beneficiarios das axudas previstas nesta convocatoria as cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, e empresas de inserción (definida como tal segundo o establecido na Lei de economía Social de Galicia)
· Ter iniciada a actividade o 1 de xaneiro de 2024 ou ben iniciala dentro do período subvencionable, e manterse en activo durante o ano da convocatoria.
· Para os efectos deste programa enténdese como data de inicio de actividade aquela en a que a persoa solicitante cause alta no IAE ou, no seu caso, no censo de obrigados tributarios.
· Ter a súa sede social, fiscal e, polo menos, un centro de traballo, no Concello de Santiago.
· Que a súa actividade empresarial sexa viable económica, financeira e tecnicamente.
Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas participadas por algunha Administración Pública