12 Comercios 12 Sensibilidades. INCENTIVANDO A ECONOMÍA CIRCULAR PARA FACER CIDADES MÁIS INCLUSIVAS, SOSTIBLES E RESILIENTES
12 Comercios 12 Sensibilidades é un proxecto de 12 comercios de Compostela que conflúen durante 12 meses, para dar visibilidade a 12 proxectos solidarios.
Unha idea que xurde dun grupo de formación previo alá polo 2019 na Cámara de Comercio de Santiago, e que 5 anos despois dá pé a un grupo de traballo que pretende promover a economía circular, compartindo inquedanzas e clientela durante 12 meses á vez que ten unha finalidade solidaria de contribución social con 12 proxectos de 12 entidades diferentes.
12 Comercios 12 Sensibilidades somos un grupo de 12 mulleres que rexentamos 12 comercios de proximidade en diferentes sectores, unidas pola empatía, resiliencia e sensibilidade social.
12 mulleres firmemente convencidas de que a través dos nosos espazos comerciais podemos dar voz a asociacións que, cos seus proxectos solidarios, melloran a vida de moitas persoas e fan que as cidades sexan máis humanas.
Xaneiro - 1ÁGUILA ATLÁNTICA – Fundación Pictoaplicaciones Febreiro - Joyería José Antonio - Solidaridad Internacional de Galicia. Marzo - NAF NAF SANTIAGO - Programa VAGALUME SANTIAGO
Abril - Centro Deportivo Atmósfera – A.C.E.M Maio - Papelería Xaquín – AGADEA
Xuño - La Tienda de María - Acougo
Xullo - Mercado Galego da Creatividade – Avante Agosto – Maravalla - Refuxio de Bando.
Setembro - Cousas do Campo froitas e verduras - Daqui darrederee (socios) Outubro - XOGUETERÍA EDUCATIVA ESCONDI T - OBRA SOCIAL PEDIATRÍA
Novembro - MARIA BREY DISEÑO E INTERIORISMO - Cociña Económica Decembro - Quenlla SCQ - lasolvidadas.org
2- OBXECTIVOS O obxectivo é difundir durante un ano 12 proxectos solidarios nos establecementos comerciais a través de exposicións, charlas, obradoiros...etc.
- Crear un fluxo de xente entre os doce comercios a través da visualización de 12 experiencias solidarias.Incentivar a economía circular para facer unha cidade máis inclusiva, sostible e resiliente.
- Este proxecto ten como obxectivo transversal contribuír cos obxectos da axenda 2030, dando visibilidade á labor das organizacións que no seu día a día traballan para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para tódalas persoas. Traballar contra a desigualdade, a degradación ambiental, protexer o clima, a paz e a xustiza.

DESENVOLVEMENTO
Durante un ano completo, (12 meses) os 12 comercios que conforman este proxecto darán visibilidade ás 12 entidades sociais coas que colaboran durante un mes enteiro.
Trátase de 12 establecementos moi diversos da cidade de Compostela, distribuídos de norte a sur, nos distintos barrios da cidade e de distintos sectores comerciais, que conflúen na inquedanza de mellorar persoal e socialmente, conscientes de ambas necesidades.
Para lograr os obxectivos, tanto de dar visibilidade as causas solidarias a través das citadas entidades, como para crear ese fluxo de persoas entre os 12 negocios, cada mes, un comercio expón unha causa, e os 11 comercios restante informan da mesma entre a súa clientela
Isto permite, por unha banda dar mellor visibilidade e, por outra, crear ese fluxo de persoas entre os comercios da cidade.
Cada un dos comercios realizará o longo “do seu mes” diferentes actividades, atractivos, xornadas ou obradoiros das que se informará dende todos os comercios e se difundirá a través das Redes Sociais. Sempre co hasgtag #12meses12sensibilidades, mencionando e etiquetando ó comercio e a entidade social, e engadindo os hastags que cada comercio previamente indique.