• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS DO BONO REMUDA PARA O FOMENTO DA REMUDA XERACIONAL DE NEGOCIOS

Consellería de Emprego, Comercio, e Emigración

ORDE do 23 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2024 as axudas do Bono remuda para o fomento da remuda xeracional de negocios (código de procedemento TR353D).

A finalidade desta orde é evitar o peche de negocios por falta de remuda xeracional, ao tempo de se facilita que as persoas interesadas en emprender teñan a posibilidade de recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente.

Os negocios obxecto de remuda deberán ter o domicilio social e fiscal e/ou o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e estar inscritos na Bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego. Exceptúase do requisito de inscrición na Bolsa de remuda os negocios que foran obxecto de remuda antes da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A remuda, para ser subvencionable deberá estar motivada pola xubilación ou pola proximidade da idade de xubilación da persoa titular do negocio. Tamén pode estar motivada por causas sobrevidas como a incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou a morte.

Documentación requerida

As persoas ou entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación complementaria:

a) Cando se actúe mediante representación, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa representada. Quedan excepcionadas da dita representación as persoas ou entidades inscritas no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia.

b) Plan de negocio segundo o modelo do anexo II, acompañado dun informe de valoración de calquera das asociacións de persoas profesionais autónomas máis representativas en Galicia coas que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración establecerá o correspondente acordo de colaboración para tal efecto, ou por calquera dos Polos de emprendemento e apoio ao emprego de Galicia.

c) Cando estea formalizada a transmisión, contrato de remuda elevado a escritura pública, en que figure descrición detallada dos elementos que forman parte do traspaso.

d) No caso de que non estivese formalizada a transmisión mediante contrato de remuda elevado a escritura pública, acordo de transmisión do negocio ou actividade asinado polas dúas partes implicadas, con indicación do prezo total do traspaso e descrición detallada dos elementos que forman parte do traspaso, e, no caso de persoas autónomas societarias, ademais, a porcentaxe de accións ou participacións que se adquiren.

e) Censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria (modelo 036 ou 037).

f) Certificado de situación censal do negocio que se traspasa ou calquera outro documento que acredite a antigüidade do negocio.

g) Se for o caso, resolución da incapacidade total ou absoluta, ou gran invalidez, ditada polo órgano competente, no caso de remuda por incapacidade da persoa traballadora transmisora.

h) Se for o caso, documentación xustificativa da herdanza, no caso da transmisión do negocio por parte das persoas herdeiras por falecemento da persoa traballadora autónoma dona do negocio.

i) Se for o caso, documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante e, ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vínculo con esta, no caso de solicitar o incremento de persoa emigrante retornada.

j) Se for o caso, certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado.

k) Se for o caso, contrato ou documento de creación da comunidade de bens, sociedade civil ou entidades sen personalidade xurídica onde conste a porcentaxe de participación das persoas socias ou comuneiros,

l) Se for o caso, documento cos compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención para aplicar por cada un deles, que terán, igualmente, a consideración de beneficiarias, para agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica.

m) Se for o caso, certificado do colexio profesional de alta no dito colexio, con indicación dos períodos de alta na dita mutualidade, que presupoña ou non o exercicio de actividade, para as persoas mutualistas. n) No caso de que o negocio que se traspasa teña máis de 5 persoas traballadoras, informe de vida laboral do código de cotización correspondente ao mes anterior á transmisión do negocio.

ñ) Documentación xustificativa da axuda sinalada no artigo 21.

o) Documentos acreditativos das condicións necesarias para que o contrato sexa subvencionable, no caso de que as persoas solicitantes se opuxesen á comprobación dos datos.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias do Bono remuda as persoas traballadoras autónomas, as persoas profesionais que estean dadas de alta no RETA, así como as persoas mutualistas, e as sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal da Administración Tributaria, modelos 036 ou 037,

Requisitos

a) O negocio obxecto de remuda debe ter o domicilio social e fiscal e o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e un mínimo de antigüidade de 5 anos.

b) Que non teñan transcorrido más de 12 meses entre a publicación desta orde e a baixa no RETA e no IAE da persoa titular do negocio, e que se trate da mesma actividade do negocio que se remuda e se desenvolva no mesmo local, se a actividade require a existencia deste. Para estes efectos, enténdese por mesma actividade a que que coincida polo menos a nivel de 2 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE) ou cunha actividade equivalente.

c) Que o negocio ou actividade obxecto de remuda estea inscrito na Bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta de Galicia. (Poderá inscribirse de maneira presencial en calquera dos 12 polos activos na Comunidade Autónoma de Galicia ou a través da páxina web: https://polosemprendemento.gal/remuda-de-negocios).

Exceptúanse deste requisito os negocios que fosen obxecto de remuda antes da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

d) Que a transmisión se materialice mediante contrato de traspaso ou venda do negocio ou actividade, elevado a escritura pública, no que, necesariamente, deberá constar o prezo total e a indicación expresa da remuda como obxecto do devandito contrato. Para os efectos da concesión de axudas, abondará cun acordo de transmisión asinado entre as partes implicadas no que figure, igualmente, o prezo total e o obxecto do devandito acordo.

No caso de transmisión de persoas autónomas societarias, detallarase a porcentaxe de accións ou participacións da sociedade que a persoa ou sociedade adquirinte pasa a posuír, que, necesariamente, deberá ser superior ao 50 % para obter a condición de beneficiaria. O contrato conterá unha descrición detallada dos elementos que forman parte do traspaso.

e) Que se realice o cambio de titularidade da licenza de apertura e/ou actividade no concello correspondente ou, de ser o caso, a comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento, nos casos en que así o requira a lexislación vixente.

f) As persoas beneficiarias deberán ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións desta axuda.

 

A remuda que se subvenciona nesta orde ten que estar motivada pola proximidade da idade de xubilación da persoa titular do negocio ou por causas sobrevidas como a incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou a morte; polo tanto na persoa que traspasa o negocio se ten que dar algunha das seguintes circunstancias:

a) Ter unha idade próxima a xubilación (62 anos ou máis).

b) Ser declarada en situación de incapacidade total ou absoluta ou grande invalidez recoñecida polos órganos competentes da Seguridade Social.

c) Ser herdeiras da/s persoa/s titulares do negocio, no caso de falecemento destas