Curso de formación específica: Comunidades Enerxéticas
PROCEDEMENTO INSCRICIÓN E MATRÍCULA ESTUDOS PROPIOS NA SECRETARIA VIRTUAL DO ALUMNADO
1º INSCRICIÓN
Para realizar una solicitude de inscrición nun dos cursos de Estudos Propios na USC, debe acceder á Secretaria Virtual do Alumnado no enlace: https://matricula.usc.es/loginx/Login.asp
De non ser alumno/a da USC, debe introducir os datos do seu DNI e un contrasinal que lle permitirá acceder, e gravar os seus datos persoais necesarios para continuar co proceso.
Unha vez acceda a paxina de benvida na columna da esquerda no apartado de Admisión, elixir a opción de Estudos Propios
Na seguinte pantalla elixir o curso dos que figuran na oferta no que vai solicitar admision e que ten o periodo aberto de inscrición.
No paso 1 da solicitude deberá seleccionar do desplegable habilitado o curso e que estarán dispoñibles durante o prazo de inscrición que está publicado na web do CEP.
No paso 2 deberá marcar unha das opcións de titulacion de acceso, segundo os requisitos xerais ou específicos de acceso de cada modalidade de curso.
E de marcar a opción de titulo universitario elixir unha das seguintes opcións
No paso 3, de ser preciso cubrir no curso seleccionado, se cubriran os datos da titulación oficial de acceso
No paso 4, se informa do consentimento a consultar a documentación por parte da Universidade aos organismos competentes.
Por último no paso 6 se realiza a confirmación da inscrición e se gardan os datos
Ao gardar e confirmar, poderá obter o xustificante da súa solicitude e deberá engadir a documentación á solicitude (dni, titulacion de acceso, curriculum, etc) segundo os requisitos establecidos no curso.
A documentación a incluír (marcando no texto de “Procesos selectivos...” )se incorporará á solicitude para que sexa revisada polos responsables do curso, que posteriormente procederían a autorizar a matrícula dos alumnos seleccionados no prazo publicado na web do CEP.
2º ADMISIÓN E AUTORIZACIÓN
Unha vez rematado o período de solicitudes, a Dirección do curso procederá ao estudo e valoración das solicitudes e publicará a lista de admitidos e excluídos, que se poderá consultar na secretaria virtual do alumnado.
3º MATRÍCULA
O Alumnado admitido, deberá formalizar a matrícula no curso a través da súa Secretaría Virtual. Na paxina de principal no apartado de matrícula da columna esquerda, debese marcar a opción Matrícula
E na seguinte pantalla, marcar OPCION 8
A continuación aparecerá o curso no que esta admitido e deberá seguir os pasos que lle indica a aplicación ata terminar o proceso da matrícula.
En xeral as opcións de pago serán: efectivo, tarxeta e domiciliación bancaria.
Se quere realizar o pago mediante tarxeta bancaria, debe seleccionar primeiro pago en efectivo e unha vez terminado o proceso da matrícula deberá ir de novo na páxina principal da secretaria virtual e no apartado de matricula, na opción de Liquidación cubrir os datos da tarxeta, o que permitirá confirmar o pagamento emitido nese momento.
No caso de ter algunha incidencia técnica en este proceso poderá contactar co Centro de Atención ao usuario en : cau@usc.es.
Para consultas relacionadas coa matrícula ou o expediente, poderá contactar coa oficina que xestiona estas cuestións no enderezo electrónico desa oficina en : seccionposgraopropio@usc.gal
No relativo a dúbidas sobre o desenvolvemento ou contidos académicos, deberá contactar cos organizadores do curso directamente a través do contacto que figura na información xeral do curso na web de oferta do Centro de Estudos Propios na que aparecen os diferentes tipos de estudos: https://www.usc.gal/gl/estudos/propios/posgrao