• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Mañá abre o prazo de solicitude de subvencións destinadas ao fomento de actividades a prol da igualdade e da prevención das violencias machistas

Data de escritura

A partir do 25 de maio, as entidades interesadas terán 15 días naturais para presentar a súa solicitude á convocatoria de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, transexual, bisexual, queer e intersexual (LGTBQI), e prevención e loita contra as violencias machistas, durante o ano 2024.

Concellería de Igualdade

 

A convocatoria publicada no día de hoxe no BOP de A Coruña (BOP. Nº 100 de 24/05/2024) e impulsada polo Concello de Santiago a través da Concellaría de Políticas de Igualdade, conta cun orzamento de 30.000 euros, e poderá subvencionarse o 100% do gasto presentado, sempre que non supere a contía máxima de 2.800 euros por entidade.

Estas axudas están destinadas a todas aquelas asociacións e entidades sen ánimo de lucro que, entre outros requisitos, teñan recollido expresamente nos seus estatutos, como obxecto ou entre os seus fins, a consecución da efectiva igualdade de oportunidades e de trato entre mulleres e homes e/ou a defensa dos dereitos e liberdades das persoas e colectivo LGTBQI. Tamén deben ter sede, domicilio social ou delegación permanente no termo municipal de Compostela.

A convocatoria conta con 3 liñas de axudas:

- Liña 1. Programas e actividades de fomento da igualdade efectiva entre mulleres e homes. O obxecto desta liña é o de apoiar a realización de actividades e o desenvolvemento de iniciativas que promovan a igualdade de xénero.

- Liña 2. Programas e actividades de fomento da igualdade efectiva das persoas LGTBQI, no que se inclúen accións de sensibilización contra os estereotipos e prexuízos e de promoción da visibilidade e normalización dos dereitos do colectivo.

- Liña 3: Programas e actividades para a prevención das violencias machistas no municipio de Compostela. O obxecto desta liña é o de apoiar a posta en marcha e/ou o desenvolvemento de actividades e iniciativas que teñan como finalidade a avanzar cara a unha cidade libre de violencias machistas.

As solicitudes presentarase de forma telemática na sede electrónica do Concello de Santiago, a través do trámite "Subvencións fomento da igualdade" (solicitude CS006I) ou en calquera outro dos rexistros previstos na Lei 39/2015, e 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Documentos relacionados