ECONOMÍA CIRCULAR INCLUSIVA
ECONOMÍA CIRCULAR INCLUSIVA
PROMOCIÓN DA ECONOMÍA SOCIAL NO ÁMBITO DA ECONOMÍA CIRCULAR
DÍA: 16 DE MAIO
HORA: 9:15 a 13:30 horas
LUGAR: Auditorio 2. Edificio CINC. CIDADE DA CULTURA
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social e as Empresas de Inserción destacan pola súa capacidade de fomentar a inclusión laboral de grupos vulnerables, como persoas con discapacidade ou en risco de exclusión. A colaboración entre a economía circular e a economía social non só fomenta prácticas ambientais sostibles, senón tamén propicia un crecemento económico inclusivo que pode resultar en maior número de empregos e oportunidades para estes colectivos, potenciando ademais a innovación e o emprendemento para o desenvolvemento de negocios e procesos máis eficientes e sustentables.
Agardamos poder contar con vós!
Para máis información, por favor contacte con CEGASAL ou AEIGA
Este evento é parte do programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social. Conta coa colaboración de Viratec.