En España, prefírese facer a compra en supermercados de proximidade
Data de escritura
Os supermercados de proximidade son o formato preferido por españois e españolas para facer as súas compras de alimentación e produtos de hixiene persoal e limpeza do fogar, segundo a Asociación Española de Distribuidores, Autoservizos e Supermercados (Asedas).
Segundo a asociación, “a alta eficiencia alcanzada permite ofrecer a alimentación a uns dos mellores prezos de Europa”, ata 6 puntos por baixo da media europea, sobre o barómetro de Eurostat. Durante 2016, destaca a apertura dos chamados “novos modelos de tendas”, máis eficientes enerxéticamente e pensados para ofrecer unha experiencia de compra positiva e memorable para consumidores e consumidoras.
Enlaces