• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS PARA A CONCILIACION DA PERSOA TRABALLADORA AUTONOMA

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, que rexerán as axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR341R).

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública das axudas á conciliación da vida familiar e laboral de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia. (Código de procedemento TR341R).

Mediante as axudas reguladas nesta orde permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade e consolidación do seu proxecto empresarial.

Documentación requerida

As solicitudes deberanse presentar no modelo normalizado que figura no anexo I (solicitude) desta orde e deberán ir acompañadas da documentación que se relaciona:

a) Documentación xeral. – No suposto de actuar mediante representante, poder suficiente de actuar en nome da persoa solicitante.

b) Documentación específica bono autónomo Concilia I (contrato substitución). – Resolución da Seguridade Social na que indique o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento. – Informe de vida laboral do Código conta de cotización correspondente ao mes en que se realiza a contratación da persoa traballadora que se contrata e pola que se solicita subvención, ou ben o Informe de vida laboral do Código conta de cotización correspondente ao mes en que se realiza a transformación en indefinido do contrato da persoa contratada por substitución, segundo o caso. – Informe de vida laboral do Código conta de cotización correspondente ao mes en que se realiza a contratación da persoa traballadora que se contrata e pola que se solicita subvención. – Contrato de traballo. – No caso de coidado de menores, acreditación do parentesco directo, co libro de familia ou certificado do Rexistro Civil, ou, se é o caso, resolución de acollemento. – No caso de coidado de maiores e/ou persoa con discapacidade ou dependencia, acreditación da relación de parentesco ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. – Certificado de discapacidade ou dependencia da persoa pola que se solicita a axuda non recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia, se for o caso.

d) Documentación específica bono autónomo Concilia III. – Documento acreditativo do custo da mensualidade do centro ou do servizo correspondente. – No caso de coidado de menores, documento acreditativo do horario oficial do centro no que estea escolarizada a persoa menor pola que se solicita a axuda á conciliación. – No caso de coidado de menores, acreditación do parentesco directo, co libro de familia ou certificado do Rexistro Civil, ou, se é o caso, resolución de acollemento. – No caso de menores acollidos, acreditación do parentesco directo ou certificado de convivencia. – No caso de coidado de maiores e/ou persoa con discapacidade ou dependencia, acreditación da relación de parentesco ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. – Certificado de discapacidade ou dependencia da persoa pola que se solicita a axuda non recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia, se for o caso.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia, así como as persoas mutualistas; así mesmo, poden ser beneficiarias as persoas membros das sociedades mercantís, laborais e civís e comunidades de bens, a título individual.

Requisitos

a) Ter o seu domicilio fiscal na comunidade autónoma de Galicia.

b) Desenvolveren a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal da Administración Tributaria, modelos 036 ou 037.

c) Cumprir os requisitos exixidos na presente orde e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Quedan excluídas deste programa as persoas socias de sociedades cooperativas e as persoas autónomas colaboradoras, así mesmo, as persoas traballadoras autónomas administradoras que non teñan parte na sociedade.

Para ter dereito á axuda a persoa traballadora autónoma ten que cumprir os seguintes requisitos:

-Bono Autónomo Concilia I: Para ser beneficiaria desta axuda a persoa solicitante ten ou tivo que estar de baixa por maternidade ou paternidade, ou situacións asimiladas. O contrato que se vai realizar será de substitución, ou contrato indefinido, segundo o caso. A contratación debe realizarse cunha persoa desempregada segundo a definición recollida no artigo 5, e debe realizarse dentro do período subvencionable (30 de setembro de 2023 ata o 29 de setembro de 2024). O contrato formalizarse por escrito, en modelo oficial, e as tarefas que se vai realizar a persoa substituta deben ser as mesmas que as da persoa traballadora autónoma substituída.

-Bono Autónomo Concilia II: Para ser beneficiaria desta axuda o solicitante ten que acreditar a súa relación de parentesco ata o segundo grao de consanguinidade o afinidade coa persoa menor, maior e/ ou persoa con discapacidade ou dependencia,. No caso de non existir a relación de parentesco prevista no parágrafo anterior deberase acreditar a convivencia no mesmo domicilio que a persoa maior e/ou persoa con discapacidade e/ou dependente e con grado de discapacidade igual ou superior o 33 %, como mínimo, nos tres últimos meses anteriores á presentación da solicitude. No caso de menores acollidos non será necesario acreditar a convivencia previa. A contratación debe realizarse cunha persoa desempregada segundo a definición recollida no artigo 5

​​​​​​​-Bono Autónomo Concilia III: Para ser beneficiario desta axuda, a persoa solicitante terá que acreditar a contratación dun centro ou servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoa con discapacidade ou dependencia. No caso de non existir a relación de parentesco prevista no parágrafo anterior, deberase acreditar a convivencia no mesmo domicilio que a persoa maior e/ou persoa con discapacidade e/ou dependente e con grao de discapacidade igual ou superior o 33 %, como mínimo, nos tres últimos meses anteriores á presentación da solicitude. No caso de menores acollidos, non será necesario acreditar a convivencia previa.