• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE DE INNOVACION DAS EMPRESAS EN GALICIA

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento de Bonos de innovación para pequenas e medianas empresas cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento IN848F).

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas galegas (pemes) destinadas ao financiamento de Bonos de innovación, código de procedemento IN848F. Nesas axudas diferéncianse tres tipos de bonos de que se agrupan nas seguintes liñas:

Liña 1. Bonos para servizos de apoio á innovación, para o financiamento das actividades destinadas á protección da innovación, xestión da innovación e vixilancia tecnolóxica, así como accións estratéxicas para desenvolver novos produtos, procesos e servizos.

Liña 2. Bonos para xestión do financiamento da innovación, para a subvención dos custos de actividades de xestión, contratadas cos axentes da innovación, encamiñadas ao: Tipo A. Tramitación de incentivos fiscais á I+D+i e bonificacións na Seguridade Social de persoal investigador. Tipo B. Tramitación de novas solicitudes de financiamento a propostas de I+D+i en convocatorias de axudas estatais.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

a) Nota simple ou certificación do Rexistro Mercantil actualizadas, na que se especifique a data de constitución, o obxecto social, capital, sede social e clasificación CNAE.

b) No caso de que o asinante da solicitude non actúe como administrador único para a representación da entidade, deberá achegar documento acreditativo do poder de representación con validez xurídica (escrituras, poder bastanteado, entre outros).

c) Declaración completa do imposto de sociedades do último exercicio pechado, modelo 200 da Axencia Tributaria Estatal. No caso de non ter antigüidade suficiente para ter obriga de presentar o modelo 200, achegarase declaración responsable conforme non se ten pechado exercicio fiscal e obriga de presentar o imposto de sociedades.

d) No caso de non ter traballadores dados de alta no réxime xeral da seguridade social, achegarase documento acreditativo emitido pola Seguridade Social e declaración responsable do representante legal da entidade de non ter traballadores.

e) Anexo VI, declaración da condición de peme. No caso de pemes vinculadas, asociadas ou participadas de acordo cos criterios establecidos no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, deberanse achegar os anexos VI-A, VI-B, VI-A.1, ou VI-B.1 segundo corresponda. Tamén, como documentación complementaria, deberase achegar, para cada unha das empresas vinculadas ou asociadas, a documentación dos puntos «a», «c», e «d» deste artigo.

f) Deberase presentar a documentación acreditativa de aqueles criterios de avaliación que se detallan no artigo 19 desta convocatoria que sexan de aplicación. Estes documentos acreditativos non serán emendables, polo tanto, a non presentación dos ditos documentos na presentación da solicitude, implicará a non puntuación nos ditos criterios. Os criterios e documentos son os seguintes: i. Plan de igualdade: será preciso presentar o rexistro do plan de igualdade ou certificado da oficina de rexistro conforme se cumpre a súa inscrición. ii. Compromiso coa sustentabilidade ambiental: será preciso a presentación de certificación en vigor de xestión ambiental (ISO 14001, Emas, ...), de xestión enerxética (ISO 50001, outras), certificacións MSC, FSC, SAN, FAIRTRADE, ... ou documento acreditativo de entidade recoñecida nestes ámbitos. Non serán válidos rexistros electrónicos nin correos electrónicos, ou outro documento non verificable. Responsabilidade social empresarial: será preciso a presentación de certificación en vigor da norma OSHAS 18001 ou ISO45001, SA8000, ISO26000, ..

g) Para as empresas que soliciten axudas por importe superior a 30.000 €, declaración responsable do cumprimento dos prazos de pago previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

Ademais, deberase achegar segundo o tipo de bonos:

a) Liña 1: i. Memoria descritiva da empresa, segundo as especificacións do anexo II. ii. Memoria descritiva das actuacións a levar a cabo, segundo anexo III.

b) Liña 2: i. Memoria descritiva da empresa, segundo as especificacións do anexo II. ii. Cadro resumo das actuacións a levar a cabo na liña 2A, segundo o anexo IV. iii. Cadro resumo das accións a levar a cabo na liña 2B, segundo o anexo V.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

 

Poderán ser beneficiarias desta axuda as microempresas, pequenas e medianas empresas, así como as entidades do terceiro sector de acción social, conforme as definicións contidas no artigo 2 con actividade económica e categoría de peme, validamente constituídas no momento da presentación da solicitude, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que solicitan a axuda. Cada unha das liñas que compoñen esta axuda vai dirixida ás seguintes entidades:

Liña 1. Servizos de apoio á innovación: Microempresas e pequenas empresas. Entidades do terceiro sector de acción social con actividade económica e categoría de peme.

Liña 2. Xestión do financiamento da innovación: Microempresas, pequenas e medianas empresas. Entidades do terceiro sector de acción social con actividade económica e categoría de peme.

Requisitos

As entidades do terceiro sector serán as indicadas no artigo 2.20, tamén deben ter actividade económica de conformidade co artigo 2.2 e entrar dentro da categoría económica de peme indicada no punto 3 do artigo 2.

As persoas beneficiarias das axudas deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no Documento que Establece as Condicións da Axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 21 desta convocatoria.