• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTONOMAS

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR790A)

DOG nº 15 do 22 de xaneiro de 2024

DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2024

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de axudas do programa Nova oportunidade para as persoas traballadoras autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento TR790A).

Establécese unha modalidade de axuda para as persoas traballadoras autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma.

A súa finalidade é facilitar a volta á actividade económica á persoa emprendedora a quen lle foi mal no seu anterior negocio pero ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver emprender, no mesmo ou diferente sector.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) No caso de persoas mutualistas, no momento da presentación da solicitude, certificado de alta como mutualista.

b) No caso de persoas mutualistas, certificado de baixa como mutualista e certificado do tempo que pasou en situación de mutualista.

c) Documentación que acredite a posta en marcha da actividade, mediante a acreditación da seguinte documentación: facturas de compra de maquinaria, de alugueiro, de compra de mercadorías ou de calquera outro documento que acredite suficientemente a actividade e a posta en marcha da empresa ou do negocio.

d) Contrato ou documento da creación da comunidade de bens, sociedade civil ou entidade sen personalidade xurídica, se for o caso.

e) Cando se actúe mediante representación, acreditación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, só no caso que non estea inscrito no Rexistro Xeral de Apoderamentos de Galicia.

f) Acreditación de baixa no imposto de actividades económicas da actividade precedente (modelo 036 ou 037 da actividade anterior).

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Serán beneficiarias destas axudas as persoas autónomas que teñan sido autónomas con anterioridade, que queren volver emprende

Requisitos

a) Ter causado alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 31 de outubro de 2023 ao 30 de outubro de 2024, e atoparse de alta no momento da solicitude.

b) Ter a última alta no RETA antes desta nova alta, dentro dos últimos 3 anos desde a data da publicación desta orde.

c) Ter cotizado anteriormente a esta nova alta polo menos durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

d) Estar inscrita como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo á nova alta e carecer de ocupación efectiva, non ter contrato laboral en vigor e atoparse en tal situación na data inmediatamente anterior á de inicio da actividade laboral, mantendo a alta no RETA no momento da tramitación e durante un tempo mínimo de 24 meses desde a nova alta.

e) Transcorrer un período mínimo de seis meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.

f) Ter o domicilio fiscal en algún concello de Galicia, con anterioridade á nova alta, e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.

g) Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.

h) Ter dado a baixa no imposto de actividades económicas da actividade precedente.