NOVAS FORMACIÓNS EN MÁRKETING DIXITAL E COOPERATIVISMO. Esta é unha iniciativa conxunta da Asociación de Desarrollo Local Deloa, a EOI – Escuela de Organización Industrial, e a Fundación Paideia Galiza
A Fundación Paideia Galiza, en colaboración coa Escuela de Organización industrial, a Deputación de A Coruña e o Concello de Santiago de Compostela veñen de abrir a inscrición no programa formativo “Márketing Dixital e Cooperativismo”.
Dende a Fundación Paideia Galiza en colaboración coa Escuela de Organización industrial, a Deputación de A Corña e o Concello de Santiago de Compostela poñemos en marcha unha nova edición do programa Márketing Dixital e Cooperativismo, que dará comezo en febreiro. Este programa é unha gran oportunidade de incorporación ao mercado laboral para mozas e mozos entre 16 e 29 anos, xa que poderán adquirir todos os coñecementos para crear unha cooperativa de servizos de Márketing Dixital, aprender dos/das mellores profesionais e coñecer os casos reais de éxito.
A participación neste programa formativo é totalmente gratuíta e contará con recoñecidos/as profesionais do márketing dixital e do traballo cooperativo, referentes tanto a nivel galego como nacional. As clases grupais levaranse a cabo de modo presencial e se realizarán titorías individualizadas e grupais para o desenvolvemento de proxectos de cooperativismo no sector do márketing dixital. Ademais, as/os participantes contarán co asesoramento da consultora Ernst & Young para o desenvolvemento dos seus proxectos cooperativistas.
Ademais, as persoas participantes poderán optar a un premio de ata 60.000€ ao mellor proxecto, co obxectivo de financiar o primeiro ano da posta en marcha do seu proxecto.
Matrícula e participación totalmente gratuítas
Este programa formativo, dirixido a menores de 30 anos en situación de desemprego. Para mozas e mozos entre 16 e 29 anos
Inscritos/as en Garantía Xuvenil, (de non estar de alta encargámonos de axudar no trámite)