• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS A STARTUPS

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2023 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a startups, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408G)

Fomentar a actividade das startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia subvencionando os gastos e investimentos en que incorran desde o 1 de xaneiro de 2024 ata a data da solicitude de axuda.

O importe mínimo de gasto subvencionable deberá acadar 10.000 €. Os investimentos en activos fixos, materiais ou inmateriais, deberán ser novos, adquiridos en propiedade pola persoa beneficiaria e deberán ser adquiridos a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores; enténdese que existe vinculación entre empresas se responden á definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos puntos 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014. Os investimentos deberán manterse na empresa beneficiaria durante un período mínimo de 3 anos contados desde a data da resolución de concesión da axuda.

Documentación requerida

Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, as persoas interesadas deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da startup solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

No formulario incluirase a xustificación dos gastos realizados mediante a modalidade de conta xustificativa simplificada, regulada no artigo 51.1 do Decreto 11/2009.

A conta xustificativa simplificada incluirá:

1º. Unha relación clasificada dos gastos, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento. 2º. O detalle doutros ingresos ou subvencións que teñan financiado os custos subvencionados, con indicación do seu importe e procedencia.

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

b) Acreditación documental do cumprimento dalgunha das condicións relacionadas no artigo 4.2 para poder ser beneficiaria da axuda.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia.

Consideraranse startups, de acordo coa definición contida no artigo 3 da Lei 28/2022, do 21 de decembro, de fomento do ecosistema das empresas emerxentes, toda persoa xurídica, incluídas as empresas de base tecnolóxica creadas ao abeiro da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, de recente creación: que non transcorresen máis de cinco anos desde a data de inscrición no Rexistro Mercantil, ou rexistro de cooperativas competente, da escritura pública de constitución, con carácter xeral, ou de sete no caso de empresas de biotecnoloxía, enerxía e industriais, e que reúna as condicións especificadas nese artigo respecto da innovación e escalabilidade.

Requisitos

Para acceder a estas axudas, as startups deberán cumprir, ademais, polo menos, unha das seguintes condicións no momento de solicitar a axuda:

– Dispor da certificación de ENISA prevista na Lei 28/2022.

– Acreditar a cualificación de Iniciativa de emprego de base tecnolóxica da Xunta de Galicia (EIBT).

– Ter participado nalgún proceso de aceleración en iniciativas con participación pública da Xunta de Galicia no seu desenvolvemento (Viagalicia, BFAuto, BFAero, BFFood, Turislab, Galicia Avanza).

– Acreditar mediante certificado para o efecto emitido polo centro de orixe o carácter de Spin-off das universidades, dos centros de formación profesional ou de centros tecnolóxicos.

– Estar inscritas no Rexistro de Pemes Innovadoras do Ministerio de Ciencia e Innovación.

– Dispor da certificación EA 0047:2015 ou EA 0043:2015 de peme innovadora ou xove empresa innovadora, respectivamente.

– Dispor da marca EIBT de empresa innovadora de base tecnolóxica outorgada pola Asociación Nacional de Centros Europeos de Empresas e Innovación (ANCES).