People Analytics: ver máis, ver diferente, ver mellor
People Analytics: ver máis, ver diferente, ver mellor
A Cámara de Comercio de Santiago organiza, de forma PRESENCIAL, as xornadas GRATUÍTAS:
O martes, 12 de decembro, en horario de 10:00 a 12:00 horas
"People Analytics: Ver máis,ver diferente, ver mellor"
O mesmo, 12 de decembro, en horario de 12:30 a 13:30 horas
"O caso de éxito de SACYR: A visión global do empregado e o camiño cara á persoalización da xestión"
De 12:00 a 12:30 disfrutaremos dun café-networking.
Na primeira xornada, coñeceremos a potente ferramenta People Analytics, que permite aproveitar diversos datos sobre os recursos humanos, permitíndolle as empresas tomar decisións que abranguen desde a selección máis óptima de candidatos ata o desenvolvemento, motivación e retención do seu persoal.
Na segunda sesión, teremos a oportunidade de escoitar o caso de éxito de SACYR na implantación de People Analytics, poñendo en valor a xestión do talento e a experiencia de empregrado como xeradora de valor da organización.
Queres coñecer todas as actividades, formacións e asesorias empresariais que se realizan no Coworking Dixital? Consulta os vindeiros eventos no botón: