• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA BONO ENERXIA PEME

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2024 (código de procedemento IN417Z).

Regular a concesión de subvencións para a realización de proxectos de mellora enerxética, destinadas a pemes e autónomos do sector servizos dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución (código de procedemento IN417Z).

Son proxectos subvencionables os investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente incluídos nas seguintes tipoloxías de actuación:

a) Bono asesoramento enerxético.

b) Bono envolvente.

c) Bono iluminación.

d) Bono instalacións eléctricas.

e) Bono equipamento.

f) Bono climatización.

g) Bono inmótica

Documentación requerida

A documentación complementaria da solicitude deberá incluír unha parte administrativa e unha parte técnica. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

 

a) Documentación administrativa:

 

i. Poder de representación da persoa que presenta a solicitude (anexo II). ii. Documento oficial en que conste o código CNAE correspondente á actividade da empresa, tal como declaración censual, declaración de vida laboral, imposto de actividades económicas, etc. Tamén se aceptarán os documentos en que aparezan as actividades incluídas no IAE que correspondan coas seccións do CNAE 2009.

iii. Cando o investimento sen IVE da actuación sexa inferior a 15.000 €, o beneficiario deberá achegar unha oferta que avale o orzamento do proxecto e, no caso de que o investimento sen IVE sexa superior ou igual a 15.000 €, deberá presentar as tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, debe ter solicitado o solicitante. iv. As empresas deben achegar declaración responsable emitida polo representante da empresa que asina a solicitude, na cal se indique a cualificación como empresa autónoma, ou ben se indiquen as empresas asociadas ou vinculadas, incluíndo os datos de participación respectivos. v. As empresas que non estean obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil ou calquera outro rexistro público ou ben non teñan o domicilio social en Galicia presentarán: a. Documentación acreditativa da constitución. b. Documento público acreditativo do poder con que actúa o representante da empresa.

vi. Documento que acredite a existencia dun centro de traballo en Galicia ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

b) Documentación técnica:

 

i. Memoria técnica do proxecto segundo o modelo Memoria técnica ME dispoñible na web do Inega (www.inega.gal).

ii. Fotografías da instalación actual, incluíndo cando proceda a placa de características técnicas dos equipamentos sobre os que se actúa. As fotografías deberán vir identificadas coa estancia en que se atopan.

iii. Características técnicas dos equipamentos para os cales se solicita a axuda subministradas polo fabricante (catálogo, certificado ou ficha técnica do fabricante) onde se inclúan datos da produtividade do equipamento e do seu consumo e rendemento enerxético.

iv. Etiquetaxe que acredite unha cualificación enerxética B ou superior, no caso de renovación de equipamentos do bono equipamento ou bono climatización, que así o requiran.

v. Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente achegar para a correcta avaliación do proxecto.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:

Sección G: comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e motocicletas. División 45 a 47

Sección H: transporte e almacenamento División 49 a 53

Sección I: hostalaría División 55 a 56

Sección J: información e comunicacións División 58 a 63

Sección K: actividades financeiras e de seguros División 64 a 66

Sección L: actividades inmobiliarias División 68

Sección M: actividades profesionais, científicas e técnicas División 69 a 75

 Sección N: actividades administrativas e servizos auxiliares División 77 a 82

Sección P: educación División 85

Sección Q: actividades sanitarias e de servizos sociais División 86 a 88 Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento División 90 a 93

Sección S: outros servizos División 94 a 96

Requisitos

Os requisitos para obter a condición de persoas beneficiarias deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.