• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A alcaldesa reúnese coa directiva da Área Empresarial do Tambre

Data de escritura

 A alcaldesa Goretti Sanmartín e a tenente de alcaldesa e concelleira de Promoción Económica, María Rozas, mantiveron unha reunión coa directiva da Asociación Área Empresarial Polígono do Tambre para analizar a situación do edificio do Biopolo Sionlla. Neste encontro estiveron, por parte da Asociación Área Empresarial Polígono do Tambre, José Fernández Alborés, Flor Mariño, Manuel Nieto e José Manuel Beceiro.

A alcaldesa e a primeira tenente de alcaldesa, cos representantes da Asociación Área Empresarial do Tambre

Ademais de comentar os trámites que faltan para pór en marcha o Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas -coñecido como o Biopolo- analizaron tamén os avances das infaestruturas como o Orbital e o Orbitaliño.

Outro dos puntos que trataron foi a necesidade de ampliación de solo industrial en Santiago de Compostela, co fin de mellorar a oferta de superficie para a implantación de novas empresas, entre outros temas como o da mobilidade en transporte público e peonil.

Para o Concello é necesario coñecer, de primeira man, a definición das necesidades de novas actividades industriais para saber as características das parcelas que precisan as empresas, co obxectivo de facilitar a tipoloxía do solo que se corresponda coa súa demanda e xestionalas coa Xunta.