INDROPS MEDIO AMBIENTE
Unha das empresas en incubación virtual con UNINOVA, INDROPS MEDIO AMBIENTE, S.L. desenvolveu un proxecto no cadro da convocatoria CONSOLIDA BIO

No proxecto, dentro da liña de axudas CONSOLIDA BIO, INDROPS (www.indrops.es) implementou 2 liñas de innovación.
O proxecto de innovación vai permitir a INDROPS construír unhas novas instalacións, dotarse de novo instrumental de alta precisión e abrir novas liñas de negocio para adaptarse ás crecentes esixencias do mercado, dando así un salto cualitativo na súa actividade.
A liña de axudas CONSOLIDA BIO foi convocada por GAIN (Axencia Galega de Innovación) para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixo REACT-UE do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.
No devandito proxecto a empresa está a desenvolver 2 liñas de innovación:
- A primeira liña está enfocada a cubrir as demandas detectadas no mercado debidas á tendencia actual que existe en todos os sectores industriais cun enfoque cada vez maior ao respecto polo medio ambiente. O sector da xestión dos residuos, en particular, é un sector implicado de forma directa no respecto ambiental e, á súa vez, está a ter cada vez unhas esixencias máis grandes derivadas da crecente normativa de aplicación así como da propia implicación do sector. Para iso abordouse o proceso de acreditación de INDROPS como entidade de inspección para residuos conforme á ISO17020. ALCANCE DE ACREDITACIÓN (enac.es)
INDROPS leva anos realizando análises de residuos, co que coñece ben o sector, e, a partir de agora, como entidade de inspección, poderá dar un servizo completo tanto aos produtores, como dos xestores de residuos para axudarlles na consecución das súas esixencias ambientais con todo o seu equipo técnico e avalado por ENAC coa acreditación ISO 17020.
Ademais, ten previsto iniciar unha nova liña de negocio consistente no servizo de valorización de residuos, baseándose na caracterización inicial dos residuos e posterior análise das diferentes opcións de reutilización e valorización dos residuos.
- A segundaconv está centrada no desenvolvemento dun sistema de cultivo de anfípodos (Corophium spp.) no laboratorio para o seu posterior uso en bioensaios (ensaios biolóxicos) para avaliar o grao de toxicidade dos sedimentos mariños. O cultivo no laboratorio proporcionará a Indrops vantaxes tanto competitivas como de calidade e axilidade nos resultados obtidos, logrando reducir os problemas de dispoñibilidade no medio natural debido ao seu ciclo biolóxico e conseguindo poboacións estandarizadas reducindo a variabilidade nos ensaios debida á diferenza entre poboacións.
Para levar a cabo estas dúas liñas de innovación, incorporouse novo instrumental de laboratorio que, xunto coa construción dunhas novas instalacións, permitirán a INDROPS abordar con solvencia os novos proxectos desenvolvidos. E todo iso está financiado dentro da convocatoria CONSOLIDA BIO.