Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago
Estratexias dixitais para acadar resultados en social media

O vindeiro luns, 9 de outubro, en horario de 11:00 a 13:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, en FORMATO ONLINE, a xornada GRATUÍTA:
"Estratexias dixitais para conseguir resultados
en social media"
Durante este práctico obradoiro expoñerase a importancia para os seus proxectos da súa pegada dixital nas redes sociais e seguidamente, aprendan a planificar un plan de marketing dixital, que lles de notoriedade e visibilidade dunha forma eficiente, con menos recursos e máis resultados.
Asistir a este obradoiro, será un bo investimento para xerar máis e mellores oportunidades comerciais a través de internet.
Estratexias dixitais para acadar resultados en social media (camaracompostela.com)
Queres coñecer todas as actividades que se realizan no Coworking Dixital? Consulta aquí os vindeiros eventos: