• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Aberto desde o 4 de outubro o prazo de solicitude de axudas para as actividades culturais do sector profesional

Data de escritura

Ata o 20 de outubro permanecerá aberto o prazo de presentación de solicitudes para optar ás axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional, convocadas polo Concello de Santiago a través da Concellaría de Capital Cultural. Esta convocatoria de subvencións, ás que se destinan 250.000 euros, ten por obxecto o fomento das actividades culturais organizadas polas persoas e entidades dedicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artísticas durante o ano 2023.

Teatro Principal de Santiago

 

Tras a publicación da convocatoria no BOP de hoxe, 3 de outubro, o período de solicitude iniciarase a partir de mañá e rematará o 20 de outubro de 2023. O prazo de xustificación é o mesmo que o de solicitude.

A convocatoria establece que as actividades subvencionables son todas aquelas que teñan un carácter cultural, que se executen dentro do termo municipal de Santiago e que sexan abertas ao público. Non poderán ser subvencionables as actividades gastronómicas nin os cursos formativos.

Os gastos elixibles serán aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido nas bases reguladoras, en particular: programación (por exemplo: cachés), persoal, produción, medios técnicos, promoción, publicidade ou gastos xerais. O importe máximo da subvención para cada actividade será do 80 % do seu orzamento cun límite máximo de 45.000 euros.

No proceso de avaliación das solicitudes teranse en conta criterios como a capacidade de crear de novos públicos, a integración da perspectiva e da igualdade de xénero, a posta en valor do patrimonio cultural material e inmaterial, o uso da lingua galega ou a realización de actuacións nos barrios, entre outros.

Documentos relacionados