• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Froitas e hortalizas, innovación ou disrupción?

Data de escritura

En ámbitos como Europa e EE. UU. hai un número crecente de consumidores e consumidoras que están a optar por reducir nas súas dietas o contido daqueles produtos que conteñen carne animal para aumentar o consumo de vexetais – froitas e hortalizas -. Aparecen novos hábitos nas persoas flexitarianas. Outras, como as veganos e vexetarianas, eliminan completamente das súas dietas o consumo de carne.

Agora búscanse produtos máis naturais e saudables e, ao mesmo tempo, que sorprendan e sexan novos. A innovación neste campo é continua. De forma constante aparecen informes e estudos que identifican novos lanzamentos con maior ou menor éxito de aceptación.