• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS PARA O APOIO AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIONS AGRARIAS ESPECIALIZADAS EN PRODUCION VEXETAL

Consellería do Medio Rural

ORDE do 24 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR419A)

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal (procedemento MR419A), no marco do PDR de Galicia 2014-2020 dentro da medida 4, Investimentos en activos físicos; submedida 4.1, Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, que contribúe directamente ás areas focais 2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular con obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola) e 5D (reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura), e convocalas para o exercicio orzamentario 2023.

 

Estas axudas teñen como finalidade:

a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.

b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante legal (se é o caso).

b) Anexo II. Comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, para cubrir polas persoas socias, e/ou persoas traballadoras da explotación e/ou persoa/s redactora o proxecto (se é o caso).

c) Xustificación da capacitación profesional. No caso de títulos oficiais do Ministerio de Educación e Formación Profesional, só se ten que presentar esta documentación no caso de que a persoa solicitante se opoña expresamente á súa consulta.

d) Documentos acreditativos da constitución da entidade.

e) Certificado do número de persoas socias e das que cumpren os requisitos de agricultor profesional (se é o caso).

f) Memoria onde se xustifiquen os investimentos que se van realizar e o rendemento global da explotación.

g) Tres orzamentos ou ofertas de diferentes provedores por cada un dos investimentos. As ofertas presentadas deberán cumprir cos requisitos especificados nesta Orde.

h) No caso de investimentos en obra civil, proxecto visado (en soporte dixital) elaborado por técnico/a ou equipo técnico competente (polo menos, deberá formar parte asinando un/unha enxeñeiro/a agrónomo/a, enxeñeiro/a técnico/a agrícola ou grao universitario equivalente). Así mesmo, no caso de novas construcións, deberase acreditar a dispoñibilidade do terreo ou recinto onde se van realizar os investimentos.

i) No caso de adquisición de terreos ou bens inmobles, certificado de taxación.

j) As comunidades de bens e as sociedades civís farán constar no anexo I os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles. Así mesmo, presentarán o documento de nomeamento da persoa representante ou apoderado único, e o xustificante de que se asinou un pacto de indivisión por un período mínimo de cinco anos contados a partir da data de pagamento da axuda.

k) Certificado dun grupo operativo da Asociación Europea de Innovación ao cal pertence (se é o caso).

l) No caso de solicitantes aos cales lles sexa de aplicación ou artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro (subvencións de importe superior a 30.000 euros): Declaración responsable. Se é o caso, certificación emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán acollerse a estas axudas os titulares de explotacións agrícolas, entendendo como tales aqueles que exercen a actividade agraria organizando os bens e dereitos integrantes da explotación con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidades civil, social e fiscal que poidan derivar da xestión da explotación, inscritos no Reaga con orientación técnica económica principal en:

1. Horticultura ao aire libre.

a) Hortalizas ao aire libre.

b) Flores e plantas ornamentais ao aire libre.

c) Cultivos mixtos ao aire libre.

 

2. Horticultura en invernadoiro.

a) Hortalizas en invernadoiro.

b) Flores e plantas ornamentais en invernadoiro.

c) Cultivos mixtos en invernadoiro.

 

3. Horticultura e cultivos diversos.

a) Cogumelos, champiñóns e outros fungos cultivados.

b) Viveiros vitícolas.

c) Viveiros de árbores e arbustos froiteiros.

d) Viveiros de planta ornamental.

 

4. Cultivos leñosos.

a) Froiteiras.

b) Oliveiral.

 

5. Sementes e plántula de hortalizas.

 

6. Pataca.

Requisitos

Ademais de cumprir a condición de persoa beneficiaria establécense, para todos, as seguintes condicións de admisibilidade:

 

1. Ser titular, na data da solicitude da axuda, dunha explotación agraria inscrita, polo menos cun ano de antigüidade, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), de acordo co Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia. Non será necesario o cumprimento deste requisito no suposto de ser un solicitante da axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, convocatoria 2023 (submedida 6.1 do PDR), ou de producirse unha fusión entre diferentes explotacións.

2. Os solicitantes persoas físicas deberán ter dezaoito anos feitos e non ter alcanzado a idade xubilación.

3. Posuír a capacitación profesional suficiente no momento da solicitude, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, agás no caso dun solicitante da axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, convocatoria 2023.

4. Cumprir a condición de agricultor activo no momento da solicitude. No caso de persoas agricultoras mozas, esta condición deberase cumprir dentro dos 18 meses seguintes á data de instalación.

5. Dispoñer dunha contabilidade específica Feader ou dun código contable específico, no cal deben estar incluídos os gastos declarados para esta axuda.

6. A renda unitaria de traballo, no momento de realizar a solicitude, debe ser igual ou superior ao 35 % da renda de referencia, excepto no caso dun solicitante da axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, convocatoria 2023.

7. O volume de traballo necesario para o mantemento da explotación debe ser, como mínimo, dunha UTA.

8. Comprometerse a exercer a actividade agraria na explotación obxecto da axuda durante, polo menos, cinco años contados desde a data de pagamento da axuda.

9. Levar a cabo un plan que mellore o rendemento global da explotación. 10. Establécese un investimento mínimo subvencionable de 5.000 € e un volume total de investimento máximo subvencionable de 120.000 €/UTA, cun máximo de 500.000 €/ persoa beneficiaria nun período de catro anos (importes cobrados nos últimos catro anos da submedida 4.1, desde a data de solicitude de pagamento do expediente ata a data de solicitude da axuda).

11. Cumprir cos requisitos establecidos nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.