Constituída a nova Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade tras as eleccións locais
Goretti Sanmartín vén de participar na cidade de Tarragona na constitución da Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, entidade na que participará ademais como membro da Comisión Executiva, como vicepresidenta primeira e como presidenta da Comisión de Patrimonio. Na sesión de constitución, a Asemblea acordou impulsar o programa de actos de celebración do 30 aniversario do Grupo e o calendario de promoción internacional
A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, vén de participar na constitución da Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade que tivo lugar esta mañá na sala nobre da Casa Castellarnau de Tarragona. Nunha xuntanza previa, que tivo lugar na tarde de onte na Casa Consistorial da cidade, constituíse a Comisión Executiva da que forma parte a alcaldesa de Santiago xunto aos alcaldes de Tarragona, La Laguna, Segovia e Salamanca. Ademais, Goretti Sanmartín será vicepresidenta primeira da entidade e presidirá a Comisión de Patrimonio onde, xa anunciou esta mañá, traballará para introducir iniciativas que reflexionen e promovan a sustentabilidade turística e campañas de sensibilización e concienciación sobre un turismo responsable. Neste sentido, asegurou que "é moi necesaria unha reflexión e análise no marco desta asociación de cidades patrimonio sobre a masificación en determinados lugares e en determinados momentos do ano e impulsar iniciativas encamiñadas a acadar un turismo de calidade e un turismo sustentable no tempo".
Pola súa banda, o presidente do Grupo e alcalde de San Cristóbal de la Laguna, Luis Yeray Gutiérrez, salientou "a importancia deste Grupo que representa a marca España e que estre ano cumpre o seu 30 aniversario, con tres décadas de historia de defensa do Patrimonio Mundial do noso país. Un Grupo que ademais é un símbolo de traballo conxunto en favor da cidadanía e da promoción nacional e internacional dos nosos destinos".
Nesta Asemblea constitutiva, o presidente del Grupo entregou as súas insignias aos alcaldes de Baeza, Cáceres, Ibiza/Eivissa, á alcaldesa de Santiago e aos rexedores de Tarragona, Segovia y Toledo, aos que felicitou como novos membros deste Grupo, destacando "o valor do seu traballo, solidez, prestixio e utilidade para as 15 ciudades, tras 30 anos de traballo, así como a filosofía do bo entendemiento e concordia que deben seguir presidindo a rede, fora de toda ideología política. Especialmente, quero destacar que na Asemblea de peche da lexislatura anterior se fixo un excepcional balance en canto á recoñecemento institucional, proxección nacional e internacional, e que tenemos o reto estes próximos 4 anos de manter e superar ese listón".
O anfitrión e alcalde de Tarragona, Rubén Viñales, agradeceu a insignia e tamén deu a benvida aos e ás participantes e sinalou que "en 2023 celebramos o 30 aniversario do Grupo de Cidades da Humanidade de España e por tanto é un ano de retos para todos os municipios que o compoñemos. Os 15 temos a responsabilidade de dar a coñecer o rico patrimonio do noso país ao mundo e este aniversario é unha desas palancas que nos impulsan a facelo".
Desde o 1 de xaneiro preside el Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade o alcalde de San Cristóbal de la Laguna, Luis Yeray Gutiérrez Pérez. Forman parte da Asamblea de alcaldes e alcaldesas: Judith Piquet Flores, alcaldesa de Alcalá de Henares; Jesús Manuel Sánchez Cabrera, alcalde de Ávila; Pedro Javier Cabrera Rentero, alcalde de Baeza; Rafael Antonio Mateos Pizarro, alcalde de Cáceres; José Maria Bellido Roche, alcalde de Córdoba; Darío Dolz Fernández, alcalde de Cuenca; Rafael Triguero Costa, alcalde de Ibiza/Eivissa; Antonio Rodríguez Osuna, alcalde de Mérida; Carlos García Carbayo, alcalde de Salamanca; Goretti Sanmartín Rei, alcaldesa de Santiago de Compostela; José Mazarías Pérez, alcalde de Segovia, Rubén Viñuales Elías, alcalde de Tarragona, Carlos Velázquez Romo, alcalde de Toledo e Antonia Olivares Martínez, alcaldesa de Úbeda.
Esta Asemblea deu o impulso ao programa de actos do 30 aniversario do Grupo, cunha axenda de eventos que arrancará no mes de setembro en Ávila. O presidente do Grupo informou que "con este motivo, vanse organizar distintos eventos e ademais vanse editar unha colección de 15 libros especiales de viaxe para celebrar el 30 aniversario del Grupo; también se celebrará una Asemblea Extraordinaria en Ávila en setembro, ademais o Grupo terá un encontro coa directora xeral da UNESCO, Audrey Azoulay, en otono 2023, e realizarase unha exposición fotográfica das Cidades Patrimonio na sede da UNESCO en París, coincidindo con esa viaxe. Tamén se presentará o Cupón ONCE 30 aniversario, para o sorteo do 20 de setembro".