Goretti Sanmartín asistirá este sábado á Asemblea constituínte do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade en Tarragona
Trátase da primeira xuntanza do Grupo que se realiza tras a constitución das novas corporacións municipais, polo que ao comezo do acto o presidente do Grupo e alcalde de San Cristóbal de la Laguna, Luís Yeray Gutiérrez, entregará as súas respectivas insignias aos novos alcaldes e alcaldesas, entre eles, á rexedora de Santiago, Goretti Sanmartín. A Asemblea impulsará os actos de celebración do 30 aniversario do Grupo.
A Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE), máximo órgano de goberno da entidade, celebrarase na cidade de Tarragona o vindeiro sábado 29 de xullo. Á reunión, que arrancará ás 10:00 horas na Sala Gótica do Pretorio Romano, asistirán os alcaldes e alcaldesas das 15 cidades membros desta entidade sen ánimo de lucro e declarada de Utilidade Pública, que reúne ás cidades españolas cuxos centros históricos foron inscritos na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO e que en 2023 celebra o 30 aniversario da súa creación.
A reunión estará presidida polo alcalde de San Cristóbal de la Laguna, Luís Yeray Gutiérrez, que tamén convocou a tarde do venres a reunión da Comisión Executiva do Grupo, no salón dos Tarragonins Illustres do Concello da cidade, preparatoria da Asemblea do día seguinte. Forman parte da Executiva as cidades de San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona e Salamanca.
A Asemblea de Tarragona é a primeira que se celebra tras as eleccións municipais do pasado mes de maio, polo ao comezo do acto o presidente do Grupo e alcalde San Cristóbal de la Laguna, Luís Yeray Gutiérrez, entregará as súas respectivas insignias aos novos alcaldes e alcaldesas, entre eles, á alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e ao anfitrión e alcalde de Tarragona, Rubén Viñuales.
Desde o 1 de xaneiro, preside o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade o Alcalde de San Cristóbal de la Laguna, Luís Yeray Gutiérrez Pérez. Forman parte da Asemblea de Alcaldes e Alcaldesas: Judith Piquet Flores, alcaldesa de Alcalá de Henares; Jesús Manuel Sánchez Cabrera, alcalde de Ávila; Pedro Javier Cabrera Rentero, alcalde de Baeza; Rafael Antonio Mateos Pizarro, alcalde de Cáceres; José Maria Bellido Roche, alcalde de Córdoba; Darío Dolz Fernández, alcalde de Cuenca; Rafael Triguero Costa, alcalde de Eivissa/Ibiza; Antonio Rodríguez Osuna, alcalde de Mérida; Carlos García Carbayo, alcalde de Salamanca; Goretti Sanmartín Rei, alcaldesa de Santiago de Compostela; José Mazarías Pérez, alcalde de Segovia; Rubén Viñuales Elías, alcalde de Tarragona; Carlos Velázquez Romo, alcalde de Toledo e Antonia Oliveirais Martínez, alcaldesa de Úbeda.
Esta Asemblea dará o impulso ao programa de actos do 30 aniversario do Grupo, cunha axenda de eventos que arrincará no mes de setembro en Ávila. O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España creouse en 1993 co obxectivo de actuar de maneira conxunta na conservación, a posta en valor e a promoción turística das 15 cidades españolas recoñecidas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.