• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A PROPOSTA DE VALOR NO EMPRENDEMENTO TECNOLÓXICO-DIXITAL

Data de escritura

O vindeiro martes, 18 de xullo, en horario de 15:30 a 18:30 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, nas súas instalación en formato online a xornada gratuíta:

“A Proposta de Valor no emprendemento tecnolóxico-dixital”

Esta xornada enfócase en aprender a crear unha proposta de valor tanto para un novo proxecto como para impulsar e mellorar un negocio xa existente. Ao través dunha proposta de valor preténdese que o que achega un produto ou servizo conecte directamente co que realmente necesita o usuario apoiándonos na tecnoloxía.

A PROPOSTA DE VALOR NO EMPRENDEMENTO TECNOLÓXICO-DIXITAL

O obxectivo da sesión é aprender en que consiste a proposta de valor dun proxecto de emprendemento e traballar as distintas áreas que a compoñen para xerar un posicionamento diferencial. As persoas participantes adquirirán coñecementos en como detectar os aspectos ou variables que realmente valora o cliente.

Esta xornada está dirixida a:

  • Persoas emprendedoras e StartUps.
  • Persoas autónomas e profesionais que queiran lanzar con éxito novas propostas ao mercado.
  • Pemes, Micropemes e Empresas do territorio que queiran deseñar novos modelos ou liñas de negocio.

A sesión será impartida por Pablo López, especializado nos procesos de transformación empresarial a través de metodoloxías Design Thinking, Lean Startup e Lego Serious Play.