ROADMAP DA TRANSFORMACIÓN DIXITAL. COMO PODO LEVAR A CABO A TRANSFORMACIÓN DA MIÑA EMPRESA?
O vindeiro martes, 11 de xullo, en horario de 15:30 a 17:30 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, en formato online a xornada gratuíta:
“O Roadmap da transformación dixital. Como podo levar a cabo a transformación da niña empresa”
Introduce e optimiza a innovación tecnolóxica no teu negocio para aumentar os teus clientes e as túas vendas.
Os participantes coñecerán esta metodoloxía e comprenderán como analizar os diferentes puntos relevantes e críticos do seu proxecto para avaliar e implementar con éxito o cambio e a dixitalización nas diferentes áreas dos seus negocios.
Con esta metodoloxía de Roadmap de transformación dixital obtense una análise detallada da situación da empresa en cada un dos seus ámbitos, e a súa priorización de actuación sobre os mesmos, facilitando a introducción de habilitadores dixitais en función das necesidades detectadas.
Esta xornada está dirixida a:
- Personas emprendedoras e StartUps
- Persoas autónomas e profesionais
- Pemes, Micropemes e Empresas do territorio
A sesión será impartida por Pablo López, profesional especializado en procesos de transformación empresarial a través de metodoloxías como Design Thinking, Lean Startup e Lego Serious Play.