CRM: A FERRAMENTA CLAVE PARA IMPULSAR AS TÚAS VENDAS
O vindeiro venres, 7 de xullo, en horario de 12:00 a 14:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago celebra, en formato online a xornada gratuita:
“CRM: a ferramenta clave para impulsar as túas vendas”
“Customer Relationship Management”: eficaz para personalizar e optimizar as túas interacción cos teus clientes.
O obxectivo desta xornada é proporcionar aos participantes os coñecementos e habilidades necesarias para implementar e utilizar de forma eficaz un sistema CRM, co fin de optimizar as relación comerciais e mellorar a satisfacción dos clientes.
Exploraranse os conceptos clave do Customer Relationship Management e como implementalo con éxito en calquera organización. Trataranse temas como os beneficios e vantaxes do uso dun sistema CRM, a selección da plataforma adecuada, as mellores prácticas de implantación e a optimización continua.
Esta xornada está dirixida a:
- Persoas emprendedoras e StartUps
- Persoas autónomas e profesionais que queiran lanzar con éxito novas propostas ao mercado.
- Pemes, Micropemes e empresas do territorio que queiran deseñar novos modelos ou liñas de negocio.
A xornada será impartida por Estela Lareo Fernández, profesional dedicada ao campo de CRM e vendas. Fundadora, CEO e “game changer” de Ideas Positivas Group, unha consultora tecnolóxica especializada en transformación empresarial.