• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Benidorm quere engadir elementos intelixentes ao seu mobiliario urbano

Data de escritura

O departamento técnico da área de Enxeñería da cidade de Benidorm propuxo que o novo contrato de mobiliario urbano inclúa elementos intelixentes e innovacións tecnolóxicas. A proposta é que, entre outras cuestións, o novo contrato contemple actuacións e melloras ligadas ás novas tecnoloxías e ao concepto de destino turístico intelixente, como poidan ser a instalación de mupis dixitais, de pantallas de información dinámica a través de 4 G ou fibra óptica e de elementos de cidade intelixente no mobiliario.

Tamén se expón a compartición de instalacións para despregamento de tecnoloxía 4 G e 5 G mediante acordos con operadores de telecomunicacións, a posibilidade de incorporar estacións de recarga de vehículos eléctricos, e a inclusión dunha bolsa de investimento tecnolóxico para adecuar instalacións.