• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O V Encontro Emprendedor xira arredor da igualdade e da cohesión social

Data de escritura

O ciclo de Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela celebrou o seu 5º Encontro baixo a temática da promoción da igualdade e da cohesión social.

 

Este Encontro comezou cunha benvida – café, da man de Creativas galegas ofrecendo produtos de elaboración galega. Para afondar na temática do Encontro contamos co relatorio de Fátima Rodríguez, que compartiu a súa experiencia na posta en marcha de “Promove, proxectos e persoas”, unha consultora social creada xunto con dúas compañeiras en Compostela.

Un momento do encontro

Durante o encontro debatimos sobre o emprendemento das mulleres, identificando dende a perspectiva de xénero aqueles obstáculos que dificultan a posta en marcha de iniciativas empresariais, así como as potencialidades no territorio para o apoio ao emprendemento. Así mesmo, púxose en valor o talento das mulleres como peza fundamental en proxectos de innovación, e a presenza feminina nas empresas de economía social. A conversa xirou tamén arredor daqueles valores que, dende o prisma da Axenda Urbana, sustentan ás iniciativas emprendedoras: coidados, confianza mutua ou sustentabilidade son piares que permean aos proxectos e ás persoas.

Unha vez rematado o Encontro Emprendedor, as persoas asistentes continuaron debatendo e tecendo rede de xeito informal. O vindeiro Encontro Emprendedor terá lugar o día 18 de xullo, entre as 10.00 e as 12.00h, no Mercado galego da Creatividade. A temática será a economía urbana. Pronto máis información.