• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Santiago recibirá 4,5 millóns de euros dos fondos Next Generation para axudas de eficiencia enerxética en vivendas sociais e da cidade histórica

Data de escritura

A Xunta de Goberno tomou coñecemento dos acordos das comisións bilaterais do pasado 11 de maio, relativas á rehabilitación de vivendas en Santiago de Compostela. En concreto, deu conta dos programas de axudas de eficiencia enerxética para vivendas do "Plan de recuperación, transformación e resiliencia 2023-2025" do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, financiado pola Unión Europea con cargo aos fondos Next Generation EU. Estímase que destas axudas poden beneficiarse 288 vivendas duns 70 edificios, entre as da cidade histórica e as de promoción pública construídas no século pasado.

Imaxe panorámica da cidade

Para a cidade histórica, as axudas estimadas son de 4.307.372,2 euros. 2.200.000 euros serán aportados polo Ministerio (110.000 en 2023, 880.000 en 2024 e 1.210.000 en 2025). O Concello de Santiago aportará 325.876,90 euros (105.954,69 en 2023, 108.603,56 en 2024 e 111.318,65 euros en 2025). O resto sería aportado por promotores privados, ata completar o total. Segundo os acordos, estímase que destas axudas poderán beneficiarse 146 vivendas de 57 edificios.

Para as promocións públicas de vivenda do século pasado, as axudas estimadas son de 4.444.870,94 euros. 2.300.000 euros serán aportados polo Ministerio (126.500 en 2023, 920.000 en 2024 e 1.253.500 en 2025). O Concello de Santiago aportará 325.876,90 euros (105.954,69 en 2023, 108.603,56 en 2024 e 111.318,65 euros en 2025). O resto sería aportado por promotores privados, ata completar o total. Segundo os acordos, estímase que destas axudas poderán beneficiarse unhas 142 vivendas de 13 edificios.

Por outra banda, a Xunta de Goberno local aprobou a concesión de 41 solicitudes de subvencións individuais, para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo. Estas 41 persoas, todas elas residentes e empadroadas no Concello de Santiago, percibirán 13.550 euros en total. En concreto, hai 36 solicitudes que recibirán, cada unha delas, 350 euros, 2 solicitudes de 250 euros e 3 que se beneficiarán de 150 euros cada unha.

Outros asuntos

A Xunta de Goberno tamén deu luz verde ao expediente de "Subministración e instalación dunha rede de comunicacións dixitais para a operativa da Policía Local e Protección Civil do Concello de Santiago de Compostela", que conta cun orzamento de 393.000 euros.

Tamén aprobou o proxecto construtivo da obra "Pavimentación dos lugares de Bar de Arriba e Bar de Abaixo e Rúa dos Asidros", que conta cun orzamento de 212.718,39 euros. E os proxectos construtivos da obra "Reforma do viario A Pajuela-Campo da festa de Marrozos (fase I)", por 448.450,20 euros; e da "Ampliación da plataforma do viario entre Cañoteira e Outeiro de Marrozos (2ª fase)", cun orzamento de 356.700,00 euros.

A maiores, aprobouse o expediente "Subministración para o Concello de Santiago de Compostela de material de oficina (Lote I) e de cadeiras ergonómicas de oficina (Lote II), cun orzamento base de licitación de 116.185,10 euros.

Ademais, a Xunta de Goberno Local adxudicou, por ser a oferta máis vantaxosa, o contrato que ten por obxecto a "Subministración de dispositivos portátiles para o uso en mobilidade e teletraballo da solución de administración electrónica, cofinaciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dentro do programa operativo FEDER Plurirexional de España 2014-2020" a Herbecon Systems SL, que presenta unha oferta económica de 51.425 euros, IVE engadido.

Por último, deuse luz verde ao "Plan de actuacións para minimizar as pérdidas de auga" baseado na Auditoría elaborada por Viaqua, o cal deberá ser actualizado cunha periodicidade máxima cuatrianual.

Documentos relacionados