BONO CONSOLIDA ECONOMIA SOCIAL
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
ORDE do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (código de procedemento TR802L)
Este programa ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética, contribuíndo ao impulso da súa actividade económica, incrementando a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade.
As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Cando se actúe mediante representación, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa representada, agás inscrición no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia.
b) No caso de estar realizado o servizo, ou feito o investimento, facturas e o seu correspondente xustificante bancario de pagamento; de non ser así, orzamento ou factura pro forma. De conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia -sempre que o gasto non estivese realizado no momento da convocatoria das axudas- cando o importe do gasto subvencionable supere a contía prevista para o contrato menor no artigo 118 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, a entidade interesada deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes persoas físicas ou xurídicas provedoras, con carácter previo á contracción do compromiso para a prestación, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención. A elección entre as ofertas presentadas, que se deberán achegar coa solicitude da subvención, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. A persoa ou entidade solicitante deberá presentar unha declaración responsable de persoas e empresas vinculadas, en que acredite que as ofertas presentadas non corresponden a empresas vinculadas á solicitante nin a persoas relacionadas con ela ata o 4º grao de consanguinidade ou afinidade.
c) Certificación acreditativa de ter presentados no rexistro correspondente ou ter aprobadas pola Asemblea Xeral, segundo corresponda, as contas anuais do último exercicio (agás no suposto das cooperativas, o cal se comprobará de oficio).
d) Anexo II de declaración responsable de acreditación do CNAE da entidade prestadora do servizo, para os conceptos subvencionables descritos nos números 3, 8, 9 e 10 do artigo 6 desta orde.
As sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego previstas no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia
a) Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter presentados as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil, no Rexistro de Cooperativas ou no Rexistro de Fundacións, segundo corresponda á súa forma xurídica.
c) No caso de centros especiais de emprego que teñan forma xurídica de asociación, deberán ter aprobados o balance e a conta de resultados pola súa asemblea xeral.
d) Acreditar unha antigüidade de corenta e dous (42) meses na data da solicitude, que se computará desde a data de inscrición da entidade solicitante no correspondente rexistro administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
f) Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social para obter subvencións.
g) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións