Como atraer e reter talento na empresa? A importancia do equipo
O vindeiro mércores, 7 de xuño , en horario de 15:30 a 18:30 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza en FORMATO ONLINE a xornada GRATUÍTA:
"Como atraer e reter talento na empresa? A importancia do equipo"
O vindeiro mércores, 7 de xuño , en horario de 15:30 a 18:30 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza en FORMATO ONLINE a xornada GRATUÍTA:
"Como atraer e reter talento na empresa? A importancia do equipo"
Esta xornada enfócase en aprender e controlar os motores de atracción, selección, retención e xestión do talento na empresa. Durante esta sesión, abórdanse diversos puntos clave para lograr construír e manter un equipo de alto rendemento. Destácase a importancia do liderado efectivo, que inclúe a capacidade de comunicar unha visión clara, inspirar e motivar ao equipo, e fomentar unha cultura de traballo colaborativa.
As persoas participantes adquirirán unha visión global sobre como atraer e reter talento nas empresas, ofrecendo ferramentas e coñecementos prácticos sobre liderado, procesos de selección e creación dunha cultura empresarial atractiva.
Queres coñecer todas as actividades que se realizan no Coworking Dixital? Consulta aquí os vindeiros eventos:
Estas xornadas enmárcanse dentro do Coworking Dixital Compostela da Cámara de Comercio de Santiago que ten como obxectivo xeral crear un espazo de incubación/ aceleración para mellorar a competitividade e incrementar a produtividade das empresas, ao través do fomento da transformación dixital, a innovación e a incorporación das TIC.
Proxecto Coworking Dixital "CCompostela" cofinanciado nun 80% polos fondos FEDER, que xestiona INCYDE, dentro do Programa Operativo Plurirrexional 2014-2020 dentro do eixe 3: Mellorar a Competitividade das PEMES, Obxectivo Temático 3: Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, e a prioridade de investimento 3ª: Fomento do espírito empresarial, en particular, facilitando a explotación económica de novas ideas, e promovendo a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros e nun 20% pola Excelentísima Deputación Provincial da Coruña no marco do Plan de Emprego Local (PEL). Anualidade 2021